Ames abrirá un espazo colaborativo no Polígono do Milladoiro

0

Ames, 4 de agosto do 2018 – O goberno de Ames negocia coa Deputación da Coruña o apoio a un novo espazo de traballo colaborativo e emprendemento dentro do Plan de Emprego Local (PEL).

O coworking público de Ames xestionaría fondos que a Deputación destina para a loita contra o paro e outros destinados a novos proxectos empresariais, partidas incluídas dentro do PEL. Como primeira acción o goberno de Ames ven de acordar con Santiago Sur Galicia a adquisición do local no Parque empresarial Novo Milladoiro.

O novo centro busca ser un lugar destinado a fomentar o traballo colaborativo coa implantación de profesionais de diferentes sectores. Os usuarios compartirán o mesmo espazo, fomentando así as sinerxías, a economía social e o espírito de comunidade. Os emprendedores ou empresas que queiran facer uso destas novas instalacións, deberán darse de alta no novo servizo e poderán realizar o seu traballo de forma individual nunha zona colectiva con acceso a internet e outros servizos, ou dun xeito máis privado.

Apoiar a creación e consolidación de empresas

Este coworking nace co obxectivo de contribuír viabilidade de novas empresas a través da disposición de instalacións e servizos a baixo custo. O novo espazo de Ames pretende estar incluído na rede provincial de xeito que se coordine con todos os centros de traballo integrados na mesma, dotándoos de servizos homoxéneos, programas de consolidación e crecemento das empresas aloxadas, metodoloxía común, imaxe única e coordinada e sobre todo, traballo en rede que permita un mellor aproveitamento dos recursos públicos e privados en beneficio das persoas emprendedoras e das empresas. Incidirase nunha maior especialización e reforzarase a cooperación e coordinación entre as organizacións que prestan servizos a emprendedores na provincia.

O Concello de Ames buscará asinar un convenio coa Deputación de A Coruña que faría un seguimento e avaliación de resultados obtidos. Estes datos  servirían de referencia para a posta en marcha doutros espazos de traballo. A solicitude de convenio que desde o departamento de Promoción económica se realizou foi moi ben valorada por parte do ente provincial. O convenio atópase moi avanzado despois das múltiples xuntanzas entre ambas administracións.

Espazo colaborativo “A proa” Coworking

O local, propiedade de Santiago Sur Galicia (SSG), estará situado na entrada ao Parque empresarial Novo Milladoiro na rúa das Hedras e xunto aos lofts onde se sitúan numerosas empresas ou microempresas. O local ocuparía a planta baixa do edificio de entrada ao polígono con forma de barco e que chama a atención polo seu deseño, así como polo alto nivel de implantación de empresas do sector tecnolóxico. A elección deste local responde ás amplas instalacións que ofrecen grandes oportunidades para o seu uso, como espazo de traballo, ademais de estar ben situado a nivel de comunicacións e transporte. Conta con áreas verdes e amplas zonas de aparcadoiros e unha implantación estable de empresas do sector tecnolóxico. O feito de atoparse xusto na entrada do Parque empresarial servirá como referente e punto de información para todos aqueles emprendedores ou empresas que decidan iniciar o seu negocio en Ames. O espazo de coworking ocuparía 400 m2 con servizos de internet, reprografía, un servizo de mentorización personalizado e asesoramento, ademais de dispoñer dunha sala de reunións multimedia, sala de espera e zona de descanso.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial