Ames abrirá unha nova rúa en Bertamiráns

0

Ames, 9 de setembro do 2020 – O Concello de Ames aprobou o expediente de licitación para urbanizar a conexión da rúa da Agra coas de Fontaldeiro e Fragua dotando a Bertamniráns dunha nova calle.

O pasado verán o concello conseguía un acordo co propietario das parcelas necesarias para a realización de esta obra. Tras a cesión dos terreos é a queda da urbanización que comeza dotando a este novo espazo da rede de pluviais. O investimento en esta obra supera os 174.000 euros.

Este novo tramos urbano que se abrirá ao tráfico na travesía da Agfra terá cen metros de lonxitude e un ancho de sete.

Ames abrirá unha nova rúa en BertamiránsO concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “o acordo subscrito co propietario da parcela permitirá dotar a este viario dunha rede de pluviais, xa que esta é unha zona que cando chove con gran intensidade, acumúlase unha grande cantidade de auga podendo provocar danos no propio pavimento das rúas e nas vivendas próximas, así como situacións de perigo para a seguridade viaria”.

Tamén se contempla a execución dun muro de contención duns 45 metros que permitirá conter un treito de ampliación do viario existente para xerar prazas de aparcamento e unha zona de paso para os peóns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial