Ames acolle este domingo o Día do Deporte

0

Ames, 15 de setembro do 2018 –  O Concello de Ames prepara unha ampla oferta de actividades para a celebración do Día do Deporte na área deportiva do Milladoiro este domingo 16.

O Día do Deporte celebrarase de 10.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00 horas, a veciñanza poderá practicar 21 actividades deportivas repartidas en 10 espazos diferentes. Tamén haberá inchables e ao final do día realizarase un sorteo de agasallos. Esta xornada é unha oportunidade para que as persoas que queren practicar deporte, pero non saben porque decidirse, proben distintas disciplinas.

Haberá actividades de grupo, impartidas por clubs de Ames, como  baloncesto, fútbol sala, voleibol, tenis, patinaxe, atletismo, xadrez, piragüismo e judo, xunto con outras actividades dirixidas a adolescentes e maiores como zumba, step, ioga, spinning, body combat ou pilates.

Ao igual que o ano pasado, o Concello ofrecerá a posibilidade de probar novas disciplinas como o Cross training, o bádminton, a chave e o tiro con arco, ademais de poder probar os aparatos biosaudables. Con cada actividade entregarase un tícket para o sorteo de agasallos que se fará ao final da xornada. Tamén haberá inchables, obradoiros, competicións 3×3, carreiras e xogos.

O alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, agarda que “a xente se anime a saír á rúa e facer deporte en familia probando as diferentes disciplinas deportivas que se ofrecen. O ano pasado máis de 1.000 veciños e veciñas participaron no Día do Deporte. Este ano esperamos superar esa cifra si o tempo acompaña”. Desde a Concellería de deportes seguen a apostar polo lema escollido de Ames é deporte, Ames é saúde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial