Curso micolóxico coa Aula da Natureza de Ames

0

Ames, 12 de novembro do 2019 – Como continuación ás actividades programadas dentro do Outono dos Cogomelos pola Aula da Natureza do Concello de Ames, este sábado 16 de novembro realizarase un novo curso micolóxico.

A xornada terá lugar na Aula da Natureza (situada no lugar de Quintáns, na parroquia da Ameixenda)  en horario de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.00 horas. O curso micolóxico inclúe unha saída de recolección. O número de prazas limítase a 30.

Nesta nova actividade un maior afondamento no mundo dos cogomelos co uso de claves, cultivo e posterior cociñado. Desta maneira, pola mañá realizarase un pequeno resumo do curso anterior de iniciación no mundo micolóxico, para aquelas persoas que non puideron asistir a esa primeira xornada.

Posteriormente, terá lugar unha saída no entorno da Aula, na que se levará a cabo un maior afondamento en especies máis peculiares de cogomelos. Xa pola tarde, abordaranse as súas diferentes opcións de cociñado e conservación.

Aberta a inscrición para a última actividade micolóxica

O día 23 de novembro terá lugar a última das actividades programadas. Será unha saída ao campo fóra do termo municipal de Ames. A actividade, guiada pola experta Sira López, axudará aos participantes no recoñecemento e identificación de cogomelos. O horario da mesma é de 10.30 a 16.00 horas e o número de prazas é de 50 previa inscrición, das cales quedan algunhas dispoñibles.

As persoas que estean interesadas nas actividades, poden apuntarse enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Para máis información sobre estas xornadas micolóxicas, pódese chamar ó 660 004 665.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial