Ames adquire terreo para ampliar as dotacións educativas e deportivas en Bertamiráns

0

Ames, 4 de xuño do 2019 – A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación para a adquisición de dúas parcelas que poidan servir para a ampliación de equipamentos educativos e deportivos en Bertamiráns.

Esta actuación tería un custo de 66.803,10 euros e sufragaríase con cargo ao orzamento municipal de 2019. Ambas parcelas, que están situadas en Bertamiráns, no lugar de Castrigo, suman 9.666 metros cadrados segundo consta na Dirección Xeral de Catastro. Mentres esas parcelas non sexan postas a disposición da Xunta de Galicia serán utilizadas polo concello conforme ao interese público municipal recollido nos pregos.

Actualmente, o Concello non dispón de parcelas de titularidade municipal de superficie necesaria para a ampliación dos equipamento do CEIP A Maia e IES Ames de Bertamiráns, polo que se fai necesario a adquisición de dita superficie. Outra opción sería destinar parte deste chan para a ampliacións das instalacións deportivas. Dita superficie, no caso de ser finalmente adquirida, destinaríase a aparcadoiro de uso público, mentres non se levasen a cabo as obras proxectadas.

Esta actuación está motivada pola forte demanda existente de prazas educativas en Bertamiráns e en previsión de futuras ampliacións dos centros escolares CEIP A Maía e IES de Ames. Neste senso estase tramitando un plan especial que xa foi informado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático con data 2 de outubro de 2018. No referido plan, inclúense os terreos que se pretenden adquirir e que son obxecto de dito expediente de adquisición.

O Plan Especial recolle como obxectivos do mesmo a ampliación do CEIP A Maía, por dispoñibilidade de solo para novos equipamentos educativos; a integración da nova edificación resultante no contorno; a ampliación en continuidade co equipamento xa existente; a integración no medio rural circundante e a previsión dunha zona de aparcadoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial