Ames adxudica a pavimentación dos viarios das Mimosas

0

Ames, 1 de marzo do 2019 –  A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou a adxudicación das obras de pavimentación dos viarios da urbanización das Mimosas, en Biduído.

O proxecto das Mimosas foi adxudicado por un importe de 60.420 euros, IVE incluído. As actuacións, unha reivindicación da Asociación de Veciños/as, están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018.  Na urbanización leva sen realizarse ningunha actuación nas súas rúas interiores desde a data de construción, fai xa 30 anos.

As obras contempladas no proxecto irán destinadas a mellorar a capa de rodaxe dos viarios do núcleo das Mimosas con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Os viarios divídense en oito treitos de 550, 100, 105, 100, 140, 120, 115 e 60 metros de lonxitude; todos eles de 5 metros de ancho e tres sobreanchos de 35×3, 20×18 e 30×12 metros.

Estes traballos de mellora irán precedidos pola limpeza dos bordes de ambos lados dos viarios. Asemade, despois da pavimentación, procederase á sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos, así como a adaptación de 48 pozos e arquetas á nova rasante.

Tamén executaránse traballos de mellora no parque infantil de As Mimosas co obxectivo de reforzar a seguridade nos elementos de xogo. Tamén se van a colocar nesta área de lecer uns elementos biosaudables, para a xente adulta. Deste xeito, xúntase nunha mesma zona os elementos de xogo dos nenos/as, así como os elementos biosaudables dirixidos a persoas adultas e maiores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial