займ срочно

Ames apoia a EDAR de Santiago na Silvouta e reclama á Xunta a de Sisalde

0

Ames, 20 de decembro do 2018 – O Concello de Ames mantén o apoio á ampliación da EDAR na Silvouta e pregunta á Xunta polo proxecto de Sisalde.

Tras a reunión mantida en Madrid por concello de Santiago, Xunta de Galicia e Ministerio de Transición Ecológica o concello de Ames apoia a decisión do ministerio de situar a EDAR na Silvouta. Desde o actual equipo de goberno amiense valorase que esta decisión serva para protexer o ecosistema do Souto. Lémbrase ademais que existe un acordo unánime de todas as forzas políticas da Corporación municipal sobre o rexeitamento da EDAR no Souto polo seu impacto ambiental e de patrimonio.

O alcalde de Ames, José Miñones, destaca a capacidade de diálogo e a comprensión do actual goberno central “porque primou a racionalidade e a obxectividade, e defende a protección ambiental do entorno do Souto, xa que facer o proxecto que defende a Xunta representaría un grave dano nesa zona que afectaría ao concello de Ames”.

O concello de Ames presentou no seu día alegacións medioambientáis a ubicación no Souto que estaban aínda sen resolver

Ampliación da EDAR de Sisalde

Por outra banda, dende o goberno municipal vólvese a incidir na necesidade de ampliar a EDAR de Sisalde, que presta servizo aos concellos de Ames e Brión. Dita depuradora, que está situada ao carón do río Sar, na parroquia de Ortoño, comezou a funcionar o 15 de marzo de 2001 e foi deseñada para atender a unha poboación de 10.400 habitantes. No ano 2007, a empresa concesionaria do Ciclo integral da auga de Ames, fixo un informe sobre o estado da EDAR de Sisalde no que dicía que se estaba prestando servizo a uns 18.000 habitantes. Isto supón sobrepasar nun 80% á poboación inicial que estaba previsto atender.

Posteriormente, no ano 2017, a empresa concesionaria volveu a facer un informe no que se indicou que na actualidade a poboación á que está atendendo esta EDAR é de 23.500 habitantes. No devandito informe recóllese a necesidade urxente de construír unha nova EDAR. Dende o ano 2012 que se anunciou, por parte da Xunta, a redacción do proxecto de ampliación desta EDAR, estase a espera de avanzar na tramitación de dito proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies