Ames mellora a comunicación entre Firmistáns e a estrada de Tarrío

0

Ames, 7 de setembro do 2019 – A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar este xoves, 5 de setembro, a adxudicación das obras de mellora do camiño que vai de Firmistáns á estrada de Tarrío.

O proxecto de Firmistáns a Tarrío recibe un investimento de 27.836 euros e está incluído no Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020. Actuarase nunha superficie de 845 metros de longo (dividido en dous treitos de 195×3,50 e 650×4 metros) e dous abanicos de 25×5 e 10×3,50 metros. Nesta superficie procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a mellora da capa de rodaxe.

Aplicarase no primeiro treito un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ao 30% da superficie con pedra 32/63 mm e tratamento asfáltico semiprofundo e no segundo treito e nos abanicos, reporase o paquete de firme con quince centímetros de pedra 32/63 mm e tripla rega asfáltica.

O concelleiro de Obras, Blas García, di que “con esta obra se vai a facilitar a comunicación entre os lugares de Firmistáns e Tarrío, na parroquia de Bugallido, xa que se mellora notablemente unha pista que ata o de agora maioritariamente estaba en zahorra pasando a estar toda en asfalto”.

Este proxecto está incluído no Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020. Tamén está incluído o proxecto de mellorado  camiño a Ínsua, na praia fluvial de Tapia. A finalidade do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020 é a execución de obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais que contribúan a reforzar o tecido social e mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, facilitando a accesibilidade, a vertebración do territorio e o aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.

Festival internacional de cine infantil 2019

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente de contratación de servizos de organización do festival internacional de cine infantil 2019, así como o gasto correspondente por importe de 33.318,72 euros, IVE incluído, con cargo ao orzamento municipal de 2019. A terceira edición do festival internacional de cine infantil está previsto que se celebre os días 15, 16 e 17 de novembro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Nas dúas edicións anteriores este festival de cine infantil tivo unha gran afluencia de público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial