Ames aproba o  POS Adicional da Deputación dotado con 834.460 euros

0

Ames, 22 de maio do 2019 –  A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 16 de maio a participación do Concello de Ames no Plan único de concellos POS + Adicional 1/2019. A achega provincial asignada ao Concello de Ames no POS+ Adicional 1/2019 é de 834.460,91 euros.

A maior parte desta contía, que ascende a 777.415,69 euros, dedicarase a sufragar os proxectos incluídos no POS complementario de 2019 (construción duns novos vestiarios no campo de fútbol do Milladoiro; execución de novas sendas peonís de Sisalde a Agro do Muíño e de Outeiro a Costoia; e pavimentación de camiños nos lugares de Raíces, Tarrío, Ventosa e Sura).

A Deputación Provincial informaba ao concello de Ames, o pasado 30 de abril, sobre a elaboración do POS + Adicional 1/2019, e indicáballe de que a contía que lle correspondía era de 834.460,91 euros. Nas instrucións para tramitación deste plan adicional establécese que os concellos deberán asignar esta cantidade ao financiamento de investimentos financeiramente sostibles, ben aos incluídos no plan complementario do POS 2019, ou ben a outros investimentos novos financeiramente sostibles.

O Concello de Ames dedicará o importe do POS+ Adicional 1/2019 a sufragar os proxectos xa incluídos no plan complementario 2019, aprobado no pleno extraordinario do pasado 18 de decembro de 2018. Isto permitirá unha maior axilidade e rapidez na inclusión destas obras no plan adicional, principalmente porque os proxectos xa están aprobados, e axilizará tamén a execución das obras. Existe co previsto unha diferenza de 57.045,22 euros que se dedicará a novos investimentos financeiramente sostibles. Para esta partida haberá que redactar novos proxectos, informalos, valoralos e aprobalos en Pleno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial