займ срочно

Ames, aproba por unanimidade a Conta Xeral do 2017

0

Ames, 15 de decembro do 2018 – A Corporación municipal de Ames aprobou por unanimidade, en sesión plenaria extraordinaria, a Conta Xeral de 2017 que cumple os obxectivos de estabilidade orzamentaria, gasto e débeda pública.

A Conta Xeral do 2017 péchase cun superávit de 2.650.775,06 euros, un remanente de tesourería de 4.873.854,56 euros e con débeda bancaria 0 euros. En relación á liquidación de orzamento de gastos, deuse conta dunhas obrigas recoñecidas netas no exercicio 2017 de 24.468.795,09 euros, incrementándose en preto de 4.000.000 euros (un 20% máis)  respecto ao exercicio de  2016 (20.514.105,12 euros). A porcentaxe de execución do orzamento de gastos foi do 82,41%. As obrigas recoñecidas foron moi superiores no 2017, respecto do exercicio anterior, o que amosa un incremento importante do volume de xestión. Destacouse igualmente o incremento das obrigas recoñecidas no capítulo VI de investimentos, que pasa a ser de case 2.300.000 euros, e o incremento do capítulo I de persoal, que se sitúa nos 8.100.000 euros.

No que respecta á liquidación do orzamento de ingresos, os dereitos recoñecidos netos ascenden a 24.464.677,90 euros, incrementando tamén en preto de 1.600.000 euros os ingresos ou dereitos recoñecidos netos, respecto do ano anterior. A porcentaxe de execución do orzamento de ingresos no 2017 foi de 82,37%, superior á porcentaxe de execución do 2016 que foi de 79,51%. 

Tamén se conseguiu unha alta porcentaxe de execución nos impostos directos, un 101,74%, taxas, un 106,27%, e transferencias correntes, un 100,66%. Dende o goberno destacouse a partida do gasto corrente en bens e servizos cun importe de preto de 10.000.000 euros. Tamén se destacou que as partidas dotadas de maior crédito foron por esta orde: servizos públicos básicos (33,85%), educación (preto dun 18%) e servizos sociais (preto dun 7%).

Débeda bancaria

Ao peche do exercicio 2017 a débeda bancaria total do Concello de Ames era de 0 euros,  reducíndose ese ano nun 100%. A única débeda que ten o Concello son os préstamos da Deputación (PAI) sen intereses, que ascenden á cifra de 706.989,76 euros, cun volume de débeda viva do 3,03% case nulo e por debaixo do límite legalmente establecido (110%). Ao peche do exercicio 2016 a débeda total do Concello de Ames era de 3.731.415,77 euros  reducíndose ese ano nun 29%, sendo un volume de débeda viva do 17,10% por debaixo do límite legalmente establecido.

Baixo nivel de investimento

O baixo nivel de investimentos executados, que non pasa do 41%, foi unha das principais criticas que fixeron os grupos da oposición xunto a alta contía que recolle o remanente de tesourería. O voceiro de Ames Novo, Quique Costas, recoñeceu que “un 80% de execución orzamentaria global non é unha mala cifra, se ben perdemos ocasión este ano de gastar máis”. Ramón García Argibay, voceiro de Pacto por Ames, aludiu ao “baixo nivel de investimento e xestión nula por parte do goberno”, mentres que a voceira do Partido Popular, Oliva Agra, cualificou  de “moi pouco ambiciosa a inversión realizada”. O alcalde de Ames, José Miñones, foi o encargado de pechar a sesión plenaria aludindo a que “Ames ten unha excelente xestión económica que fai que nos sintamos orgullosos de conseguir os obxectivos de estabilidade orzamentaria, gasto e débeda pública”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies