Ames, aproba un orzamento do 25 millóns de euros

0

Ames, 28 de abril do 2018 – O pleno ordinario do mes de abril serviu no concello de Ames para aprobar un orzamento que se acerca aos 25 millóns de euros que contou cos votos favorables do equipo de goberno, Ames Novo e o edil non adscrito Javier López.

O orzamento de Ames crece un 6%, en torno a un millón catrocentos mil euros. Os servizos sociais lévanse algo máis de dous millóns, educación pouco máis de 4 millóns, unha cantidade similar a educación é a prevista para investimentos e a de servizos básicos supera os cinco millóns de euros.

Comparecencia do alcalde

Outros dos asuntos abordado no pleno ordinario de abril foi a comparecencia do alcalde para falar da seguridade no concello. Esta comparecencia foi solicitada polo concelleiro Ramón García Argibay o pasado 27 de febreiro de 2018. Dita solicitude, foi aprobada no pleno ordinario de marzo e realizouse no seguinte pleno que se convocou. García Argibay fundamentou dita solicitude en que durante os últimos anos a Xunta Local de Seguridade reúnese fóra de prazo, así como na vaga de roubos que afectou ao concello a finais de 2017 e comezos de 2018. Deste xeito, presentou unha relación de 24 preguntas sobre seguridade para que o rexedor municipal contestase.

José Miñones deu resposta ás preguntas de competencia municipal. Así, dixo que durante os meses nos que houbo un incremento de roubos no concello estaban operativos entre 4 e 7 axentes da Policía Local ao día. En todo momento estiveron coordinados coa Garda Civil do Milladoiro e reforzouse a presenza policial nas estradas das urbanización e nas zonas susceptibles de producirse este tipo de actos delictivos. Tamén mencionou que os datos achegados nas últimas Xuntas Locais de seguridade non amosan un incremento nos roubos, xa que en 2016 se produciron 24 roubos, e en 2017 un total de 28. Asemade, Miñones dixo que as medidas de seguridade nunca son suficientes e que oxalá houbese máis, pero a pesar diso, Ames é un concello seguro, xa que é un dos municipios galegos cunha taxa de criminalidade máis baixa.  

Exencións fiscais no IBI e declaración institucional

Por outra banda, aprobouse por unanimidade unha proposta, presentada polo concelleiro non adscrito, Javier López, para solicitarlle ao Ministerio de Facenda a aplicación de exencións fiscais no IBI da vivenda habitual para persoas viúvas e/ou maiores de 65 anos con poucos recursos económicos coa finalidade de contribuír ao sostemento dun colectivo de persoas sobre as que concorren circunstancias que as fan vulnerables polo risco de pobreza e exclusión social.

Por último, aprobouse, tamén por unanimidade, unha declaración institucional de solicitude dunha segunda liña de primaria no CEIP de Barouta, na que se lle solicita á Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que teña en consideración a proposta do Consello escolar municipal de Ames e da comunidade educativa para dotar ao CEIP de Barouta dunha segunda liña de primaria, sen que iso supoña a utilización de espazos e aulas xa existentes no centro escolar.  

Protestas polos comedores escolares

Antes do Pleno, na praza do Concello, varios pais e nais participaron nunha concentración para solicitarlle ao goberno municipal a admisión de todo o alumnado que solicita praza nos comedores escolares para o curso 2018-2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial