займ срочно

Ames aproba un POS+ 2019 que supón máis dun millón de euros

0

Ames, 20 de decembro do 2019 – Ames aprobou en pleno extraordinario e urxente o POS+ 2019 de fondos da Deputación. Un plan que supón un investimento no concello de máis dun millón de euros.

Ames disporá de 1.335.090€, dos cales 1.195.090€ serán para facer novos investimentos, principalmente no rural, e 140.000€, dedicaranse ao financiamento de actividades e material das áreas de Cultura, Deportes, Servizos Sociais, Turismo e Promoción Económica. A través da achega provincial de 2019, antigo POS, de 427.005 euros, vaise sufragar a rehabilitación da área deportiva de Bertamiráns; a construción duns vestiarios no pavillón de Bertamiráns; a mellora do camiño de Quistiláns a Costoia; e mailas obras de pavimentación dos accesos en Costoia; dos viarios no lugar de Outeiro; e do acceso ao cemiterio municipal.

Mediante a achega provincial de 2018, antigo PAS, de 378.670 euros, vaise a realizar a pavimentación do viario da estrada que vai dende a rotonda da Bola ata Framán-Eirapedriña; a pavimentación dos viarios do núcleo do Pedregal; a pavimentación do viario do Casaliño; e maila pavimentación camiño da estada provincial de Mercuto a Folgueira. Cos 389.415 euros do préstamo provincial de 2019, antigo PAI, executarase o saneamento en Suevos e Sorribas; a reparación do camiño de Castelo a Vilar; e a senda peonil de Ventín a Coira.

Plan complementario

Por outra banda, este ano increméntase o complementario ata os 777.415€ para posibles baixas nos procesos de licitación e remanentes de tesourería da Deputación. Os proxectos incluídos no plan complementario son a construción dun novos vestiarios no campo de fútbol do Milladoiro; unha senda peonil de Sisalde a Agro do Muíño; outra senda peonil de Outeiro a Costoia; e maila pavimentación de varios camiños: no núcleo de Raíces; no camiño de Tarrío a Raíces; dos accesos en Ventosa; dos acceso ao lugar de Sura.

Dende o goberno municipal destacouse que o incremento da partida dedicada ao Complementario é debido ao que vén sucedendo nos últimos anos. “Dita partida esgótase e mesmo aparecen novos superávits na Deputación, que complementan novos investimentos, como aconteceu o ano pasado. Incrementando esta partida conséguese ter xa proxectos informados, valorados e rematados para calquera subvención que poida aparecer. A planificación do plan de obras deixa xa proxectos informados e evita  a improvisación e présas no caso de dispor de fondos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies