Ames presenta un orzamento que alcanza os 27 millóns de euros

0

Ames, 18 de febreiro do 2020 – O goberno municipal de Ames, formado por Psoe, BNG e UP, presentou este luns uns orzamentos que chegan aos 27 millóns de euros e se converten nos mais altos da historia do municipio.

Os orzamentos recibiron o ditame favorable este mesmo luns na Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas. A intención é presentar as contas nun pleno extraordinarios que se celebrará este xoves.

Principais áreas de gasto

O Orzamento de 2020 recolle un importante reforzo da área de servizos básicos (benestar comunitario) cunha forte aposta de investimentos no rural e cun crédito total asignado de 5.555.202,92 euros, representando a primeira área en importancia cunha porcentaxe sobre o total do orzamento de 20,30%. Nesta área están incluídas, entre outras actuacións, diversas obras de saneamento, ligadas ao Ciclo Integral da Auga, por valor de 600.000 euros. Tamén se inclúe crédito para a elaboración dun Plan director do Ciclo Integral da Auga e o crédito necesario para realizar o estudo para a constitución dunha empresa pública de xestión do servizo.

Ademais, está recollida nesta partida de servizos básicos a anualidade correspondente á subvención concedida polo IDAE, dentro do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, e financiada con fondos FEDER da Unión Europea, así como a partida que achega o Concello de Ames. O importe total da actuación ascende a 1.470.000 euros. En 2020 efectuarase un gasto de 174.000 euros (34.800 euros de fondos municipais e 139.200 euros de fondos Feder). Desenvolverase un proxecto singular de aforro e mellora da eficiencia enerxética da iluminación do rural. Nesta partida orzamentaria de servizos básicos tamén están incluídas o resto de actuacións e investimentos en alcantarillado, abastecemento, limpeza viaria, recollida de residuos, alumeado público, etc.

Ames é un dos concellos galegos que máis inviste na área de educación aproximándose ao 20% do total do orzamento municipal. No presuposto de 2020 vólvese a reforzar esta área cun crédito total asignado de 4.817.239,45 euros, representando a segunda área de importancia no tocante ao crédito dentro do orzamento. Esta área representa unha porcentaxe do 17,60% do presuposto total, na que se inclúe a ampliación de prazas de comedor escolar, así como a mellora e reforzo dos servizos de conciliación e mailo deseño do proxecto da cociña central.

Ademais, en dito presuposto continúan blindando a área de servizos sociais cun crédito asignado a área social e á promoción social de 2.235.311,27 euros (8,17%). Deste xeito, séguese a blindar a Renda social municipal e as axudas de emerxencia, incrementando esta renda ata os 200.000 euros, así como ampliando as horas de prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ampliando e reforzando os diferentes programas de servizos sociais como son os programas Amessán, Sanauga, etc.

O maior incremento con respecto ao ano pasado é para as políticas de emprego, cun 63,2% máis. O Concello destinará 1,2 millóns de euros a subvencións e axudas, onde os Servizos Sociais suporán o 53% e o deporte e a cultura o 33,8%. O 56% dos ingresos municipais recaen polos impostos e as taxas, que se incrementan polo número de usuarios/as. Os ingresos correntes pola obtención de fondos doutras Administracións supoñen o 32% (8,7 millóns de euros).

Importante partida para o capítulo I de persoal

No presuposto de 2020 tamén se continúa apostando e reforzando o emprego público, acadando o crédito asignado ao Capítulo I de persoal a cifra de 8.870.000 euros, representando o 32,43% do orzamento municipal. Increméntase en 470.000 euros (5,59%) a cifra de dito capítulo respecto do presupostado en 2019. Inclúense os incrementos salariais (2% + 0,30% para a revisión dos complementos específicos e 30.000 euros para adecuacións retributivas singulares). Trátase dunha partida específica para a negociación dos complementos específicos na segunda fase de negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT). Tamén se dotou dun fondo de continxencia de 42.342,52 euros, incluído no capítulo 5 que recolle o incremento salarial do 1% adicional condicionado ao incremento do PIB en 2,5 desde o mes de xullo.

Forte incremento do capítulo de investimentos

Ademais, faise un forte esforzo en investimentos (Capítulo VI) que acada a cifra de 5.110.000 euros, incrementándose nun 15,81% respecto do exercicio anterior. Inclúense un crédito de 1.400.000 euros para  actuacións previstas no Plan Impulsa Ames, que se enmarca dento da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) do Concello de Ames. Dito proxecto está financiado con fondo europeos FEDER. Ditas actuación desenvolveranse nas áreas de mobilidade urbana, urbanismo e sociedade da Información.

Asemade, faise un importante reforzo de investimentos en todas as áreas municipais: seguridade, vías públicas, alumeado público, parques e xardíns, medio ambiente, fomento do emprego, educación, cultura, instalacións deportivas, camiños veciñais, estradas, sociedade da información, comunicacións internas e patrimonio.

Así, no plan de mantemento dos núcleos do rural investiranse 120.000 euros; para mellorar e ampliar o pavillón municipal de Bertamiráns elaborouse un proxecto plurianual cun importe de 500.000 euros (para este exercicio reservouse un crédito de 200.000 euros); para o arranxo das Casas da Cultura reserváronse 114.000 euros, para os anfiteatros e parques de calistenia existe unha partida de 92.000 euros; para a posta en marcha dun espazo Coworking dedicaranse 500.000 euros.

Para a execución de diferentes actuacións do Plan Impulsa Ames, enmarcado na EDUSI, reservase unha partida de 119.000 euros para a realizar un estudo sobre o transporte municipal e o servizo de taxi baixo demanda; 500.000 euros para a creación da améndoa central en Bertamiráns; 100.000 euros para a segunda zona verde no Milladoiro; e 155.000 euros para a dotación de espazos e equipamento do Centro Xove.

Por último, hai que salientar o reforzo, mellora e ampliación dos servizos nas distintas áreas cunha dotación no Capítulo II que supera os 12.000.000 euros, representando un 44% do orzamento municipal, incrementando en 330.000 euros (2,83%) respecto do orzamento de 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial