Ames reordena e mellora varias áreas de estacionamento

0

Ames, 31 de outubro do 2017 –  O Concello de Ames está reordenando e mellorando as áreas de estacionamento que están situadas nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro.

As últimas actuacións realizadas foron a pavimentación e pintado do aparcadoiro que se atopa ao carón da rúa Alcalde Lorenzo. Ademais, neste mesmo lugar habilitouse unha nova área de estacionamento con máis de 150 prazas, despois de chegar a un acordo cos propietarios dunha parcela de 4.400 metros cadrados. No Milladoiro executáronse unhas escaleiras que unen o polígono do Novo Milladoiro co aparcadoiro do campo de fútbol para que poida ser usado polas persoas que traballan neste parque empresarial. Tamén se mellorou a seguridade viaria na rúa do Muíño Vello.

Estas actuacións enmárcase dentro dun plan de mellora e ampliación da áreas de estacionamento dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Deste xeito, a finais do pasado mes de xuño finalizaron os traballos de pintado para reordenar as prazas de aparcamento na contorna do pavillón polideportivo de Bertamiráns. A través destes traballos habilitáronse 82 prazas de estacionamento para vehículos, 2 para persoas con diversidade funcional e 4 para motocicletas. Estas tarefas enmarcáronse dentro das actuacións acordadas coa comunidade educativa do CEIP A Maía para mellorar a seguridade viaria na contorna deste centro educativo, xa que motos pais/nais aparcan neste aparcadoiro para ir andando ata este colexio.

Estas actuacións continuaron durante os meses de agosto e setembro coas obras para habilitar unha nova zona de estacionamento detrás da rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns. A través desta actuación incrementouse en 150 o número de prazas de estacionamento neste lugar. A parcela na que se estivo traballando está pegada ao leiraparking que se atopa detrás do local da Policía Local e do departamento de urbanismo.

Previamente, o goberno municipal estivo negociando cos propietarios desta parcela de 4.400 metros cadrados co obxectivo de conseguir unha cesión temporal desta finca. Esta parcela xa está sendo usada como aparcadoiro e, ademais, preténdese que serva, para desenvolver nela diferentes actividades municipais. Ademais, en Bertamiráns, pavimentouse e pintouse o denominado leiraparking, que está situado ao carón da rúa Alcalde Lorenzo. Despois dos traballos de pintado habilitáronse arredor de 110 prazas de aparcamento.

Actuacións feitas no Milladoiro

Por outra banda, pintouse o aparcadoiro do campo de fútbol do Milladoiro, onde se habilitaron unhas 50 prazas de estacionamento. Asemade, nesta área executáronse unhas escaleiras que unen o polígono do Novo Milladoiro con dito aparcadoiro co obxectivo de que poida ser usado ao longo de toda a semana tanto polos usuarios/as do campo de fútbol como das persoas que traballan no parque empresarial do Milladoiro. Asemade, ampliouse o aparcadoiro que linda coas rúas dos Cereixos e Agro da Madalena.

Na zona do polígono, tamén se mellorou a seguridade viaria na rúa do Muíño Vello, para evitar os perigos existentes ao cruzar nos pasos de peóns e ante a solicitude das veciñas e veciños. Do mesmo xeito, desde o Concello de Ames tamén se está a traballar na reordenación dos espazos verdes do polígono para crear novas prazas de estacionamento, así como na do aparcadoiro do Supercor e na ampliación do que se atopa entre as rúas Agro da Madalena e Cereixos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies