Ames contrata máis horas de monitoraxe para os comedores

0

Ames, 14 de xaneiro do 2020 – O concello de Ames ven de asinar a modificación do contrato do Servizo de Monitoraxe da Rede de Comedores con fin de aumentar o número de horas.

Despois de que o pasado 13 de decembro de 2019 a Xunta de Goberno Local procedese á aprobación de esta modificación, o representante da empresa A Billarda S.L., que se encarga da monitoraxe dos comedores, e o alcalde de Ames reuníronse para asinalo. O contrato foi prorrogado en  xuño do 2018, a primeira das ampliacións permitidas. Xa no mes de outubro do 2019 comezou o proceso para a modificación do acordo.

Este aumento do número de horas a prestar polo Servizo de Monitoraxe na Rede de Comedores Escolares supón un custe anual total para o ano 2020 de 484.624 euros. Sumándose aos 307.985,60 euros de custe do pasado ano, o contrato de monitoraxe relativo aos anos 2019 e 2020 ten un custe total de 792.610 euros.

Ames contrata máis horas de monitoraxe para os comedoresUn servizo complexo

O servizo de comedores de Ames é un dos máis complicados do municipio. on se trata só do monitoraxe se non tamén das cociñas, do reparto dos pratos e da administración dos recibos. Nos últimos anos as críticas ao servizo por parte dos pais foron en aumento. A máis importante das queixas referida ao retraso no cobro dos recibos que, en moitos casos, sumáronse aos campamentos de conciliación do verán. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial