A Asociación de Hostalería Compostela reclama ao concello de Ames unha ordenanza de terrazas menos restritiva

0

Ames, 6 de xullo do 2020 – A Asociación de Hostalería Compostela reuniuse presentou un escrito de alegacións ante o concello de Ames para reclamar unha ordenanza de terrazas menos restritiva.

Unha representación da Asociación mantivo este sábado pasado unha reunión con hostaleiros de Ames ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro. Unha das principais queixas é que moitos dos aspectos das autorizacións de terrazas queden ao criterio do técnico municipal.

Un borrador restritivo

A Asociación de Hostalería Compostela ten socios en toda a bisbarra chegando ata o Barbanza. A reunión con hostaleiros do Milladoiro estivo presidida pola presidenta, Sara Santos, e participou o vocal Lois Lópes. Ao longo da conversa os hostaleiros mostraron a súa preocupación polo borrador recibido do concello xa que o consideran “demasiado restritiva para a realidade de Ames”.

A Asociación de Hostalería Compostela reclama ao concello de Ames unha ordenanza de terrazas menos restritivaTodos recoñecen que o modelo urbanístico do Milladoiro dificulta o equilibro de espazos peonís coas terrazas, pero o sector considera que a solución non pode vir a costa dos seus establecementos “As terrazas son un espazo de socialización máis. Non existe en Ames ningún problema da veciñanza con elas. Cremos que o Goberno local debería apostar pola reordenación do tráfico do municipio para lograr espazos máis axeitados para os peóns”.

Hostalaría Compostela solicitou reunirse tanto co Goberno local como cos distintos partidos políticos con representación en Ames, uns encontros que agarda se produzan na maior brevidade posible.

Distintas opinións e distintos problemas

No encontrou tamén xurdiron as diferenzas entre os propios hostaleiros de Ames sobre as solucións que se deben dar ás terrazas. A preguntas de Lindeiros recoñeceron que existen queixas veciñais pero consideran que son casos moi puntuais e que ninguén foi capaz aínda de cuantificar cantas protestas por escrito foran presentadas.

No que si coinciden coa Asociación en Compostela é na queixa pola falta de actividades. Consideran que o feito de pechar rúas na fin de semana é unha boa medida si vai acompañada de actividades que dinamicen a zona, algo que polo momento non existe. Tamén explicaron que o peche de rúas non funcionará mentres non se vixíe o seu cumprimento xa que, polo visto ata o de agora, moitos condutores non o cumpren.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial