Ames asume unha nova rúa no Milladoiro durante 10 anos

0

Ames, 10 de xullo do 2019 – O concello de Ames ven de firmar un convenio por medio do cal asume a cesión temporal dunha nova rúa é unha praza do Milladoiro durante dez anos.

O novo espazo urbano pertence na actualidade a comunidade de propietarios do edificio Xaquín Lourenzo. Desde a súa construción a recepción por parte do concello estaba prevista pero nunca se chegou a producir. A nova rúa servirá como unión directa entre as da Madalena e o Xeixo.

Cesión dunha Nova rúa en AmesO alcalde de Ames, José Miñones, e a presidenta da Comunidade de Propietarios,  María Luísa González, foron os encargados de asinar o documento. O acordo terá unha duración de dez anos, con posibilidade de prorrogalo da forma anual transcorrido este espazo de tempo. A zona cedida comprende unha extensión total de 1563 metros cadrados.

O convenio contempla que a cesión destes terreos privados será gratuíta para o Concello, se ben a administración local será a encargada de sufragar os gastos correntes e de mantemento que derive o uso de ambos espazos durante a vixencia de dito convenio. No tocante á extensión, o rueiro comprende unha superficie de 750 metros cadrados mentres que a praza ocupa un total de  813 metros cadrados, o que fai un total de 1563 metros cadrados.

Nova rúa en AmesSe ben a cesión do uso xa aparecía prevista na licenza de obra as conversas para concretalo iniciáronse no mes de febreiro do 2018. Estes espazos resultan convenientes para o uso público debido á súa situación como enlace peonil entre a rúa Madalena e a rúa do Xeixo, ademais da súa función de acceso á zona verde situada na parte posterior do bloque de vivendas. O rexedor amesá e concelleiro de Urbanismo, José Miñones, afirma que este acordo supón “a solución a unha problemática de anos que os representantes da comunidade de veciños nos explicaron hai un ano e medio, e que por fin chega ao seu fin”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial