Ames axusta o proxecto de pistas de tenis en Aldea Nova

0

Ames, 30 de maio do 2019 – O pleno de  maio en Ames serviu para aprobar a modificación do proxecto de pistas de tenis na urbanización Aldea Nova ademais de para presentar o informe trimestral sobre o pago a provedores.

As modificacións introducidas no proxecto de pistas de tenis alteran o orzamento de execución que aumenta en 6.523,77 euros. Durante a execución das obras o director das mesmas informou que levando a cabo unha revisión do proxecto detectáronse dúas partidas que teñen a medición equivocada, xa que foron cuantificados menos metros de superficie das pistas, aínda que nos planos do proxecto si estaban ben indicadas as superficies realmente correctas. As dúas partidas que se ven afectadas substancialmente están no capítulo de soleiras.

Concentrar os deportes de raqueta

A actuación estase executando na zona oeste da urbanización, onde na actualidade se atopa o campo de fútbol 7, facendo coincidir a esquina suroeste coa esquina do terreo de xogo na mesma orientación, na intersección das varandas. As pistas serán paralelas coa mesma orientación de cara a non ter problemas co sol. Deste xeito, preténdese concentrar o deporte de raqueta nas instalacións municipais de Aldea Nova, que contan xa coa única instalación de pádel municipal e un amplo espazo de aparcamento e zona verde.

Sobre a explanada construiranse os muros perimetrais e de separación das dúas pistas, enchendo o interior cunha capa de grava e, sobre ela, a soleira deportiva de formigón poroso, que irá pintada e sobre a que se marcarán ambos campos.

Informe trimestral

A sesión serviu tamén para presentar a información periódica trimestral. Segundo se indicou o período medio de pago a provedores subiu ata os 23 días debido a que durante os primeiros meses do ano o persoal do departamento de Intervención tivo que facer fronte ao inicio do exercicio contable.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial