A bisbarra contra o Coronavirus VIII, Ames

0

Ames, 13 de abril do 2020 – Ames é un dos concellos máis importantes da bisbarra con máis de 30.000 habitantes e dos núcleos de poboación como Milladoiro e Bertamiráns.

Falamos co alcalde, José Miñones, sobre como se vive en Ames a crise do Coronavirus e que medidas se tomaron desde o primeiro momento ademais de reflexionar sobre o que virá despois.

As primeiras decisións foron relativas a organización, decidir que servizos usaban o teletraballo e cales tiñan que manterse en presencial

Ames non ten datos concretos da incidencia en Ames aínda que si confirman que non existen casos nos traballadores do concello. Séguese un protocolo de limpeza e desinfección en todo o municipio e  unicamente coñeceuse un caso de positivo nunha traballadora do Centro de saúde do Milladoiro

José Miñones

A pasada semana creábase un Comité de emerxencia social pensado para axilizar trámites e medidas. Na primeira xuntanza viuse que a alimentación e a atención á terceira idade son algúns dos problemas que están crecendo máis rápido

Unha das mellores cousas que se sacan de esta pandemia é o comportamento da poboación, algo que nun muncipio tan grande e con poboación tan xove e sempre unha boa noticia

Os problemas non acabarán co fin da pandemia. Todos os políticos son conscientes de que o que virá despois será unha crise económica nunca antes vista, polo menos polas últimas xeracións, e as medidas teñen que comezar xa a planificarse

Ames con máis de 30.000 habitantes, co mellor índice de natalidade de toda Galicia e cunha poboación moi xove será un dos concellos que terá que servir de modelo de recuperación. Buscar as medidas axeitadas non é doado e seguiremos vendo nas próximas semanas cales son as posibles saídas que se van atopando.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial