займ срочно

Borja Golán subcampión de Europa de squash

0

Ames, 10 de setembro do 2019 – Borja Golán segue dando alegrías ao deporte da bisbarra e ven de conseguir o subcampionato do Europeo de squash disputado en Bucarest.

Nunha final moi axustada no que chegou a remontar un dous cero, Borja Golán acabou caendo nun quinto set por 12 a 10 o que da idea do disputado do partido. Foi a sexta final do xogador amiense que conseguiu o título no 2016 e no 2018 e quedou en terceira posición no 2017. Precisamente no 2016 convertíase en Praga no primeiro español en conseguir o título continental tras superar na final ao francés na final ao francés Gregory Gaultier.

Borja Golan subcampión europeo de squashGolán disputou o torneo como terceiro favorito e derrotou en cuartos ao checo Martin Svec por 11-7, 11-3 e 11-9. No partido de semifinais venceu ao suízo, número dous do torneo, Nicolás Mueller, cunha gran contundencia ao gañarlle en 32 minutos por 11-4, 11-5, e 11-2. Na final, o xogador amesá non puido gañarlle ao alemá Rapahel Kandra, número un do torneo, que se adxudicou o título continental. 

Borja Golán explicou que “este foi o primeiro torneo da temporada polo que todos chegamos un pouco faltos de ritmo de competición. Eu adestrei moi ben os dous últimos meses o que permitiu chegar ben a este torneo. O primeiro partido saqueino adiante sen problema, pero a partir de cuartos de final xa foron partidos moito máis competidos en pista de cristal, o que é diferente xa que normalmente non adestramos en pista de cristal e levamos dende o mes de maio sen xogar neste tipo de pista. Nos partidos de cuartos e de semifinais atopeime moi ben contra dous xogadores de bo nivel”.

Respecto da final comentou que “nos dous primeiros xogos non entrei todo o ben que me gustaría. Estiven un pouco máis lento do normal e con falta de precisión. Empecei perdendo 2-0 e despois puiden gañar os dous seguintes xogos para igualar o partido. A final decidiuse nos últimos xogos do quinto set e desta volta non puido ser. Aínda así estou moi contento porque para ser o primeiro torneo da temporada competín a moi bo nivel. Agora a agardar que os seguintes torneos salgan ben e ter unha boa temporada”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies