Elsa levanta o teito da escola infantil do Milladoiro

0

Ames, 19 de decembro do 2019 – A borrasca Elsa atacou con forza na bisbarra e acabou por levantar as chapas do teito da escola infantil do Milladoiro como se pode ver no seguinte vídeo

Elsa deixou tamén chuvias que no caso de Lousame e Santa Comba chegaron aos cen litros por metro cadrado. Os ventos superaron en algúns puntos da provincia os 152 kilómetros por hora.

Arranxo no día de hoxe

O concelleiro de obras de Ames, Blas García, agradecía en Facebook as comunicacións dos veciños e explicaba a imposibilidade de realizar arranxos pola noite “por motivos de seguridade do persoal que tivera que acceder ao teito”. O concelleiro engadía que  “Se a #BorrascaElsa o permite mañá a primeira hora intentaremos arranxar o problema xurdido”.

Ames borrasca ElsaMáis chuvias

A predición de Meteogalicia fala de ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios. Vento forte do Sudoeste o sábado pola noite.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial