займ срочно

Ames busca familias de acollida para o programa Vacacións en Paz 2019

0

Ames, 22 de xaneiro do 2019 – O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, colabora un ano máis coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), na difusión da campaña de Vacacións en Paz 2019.

Nesta ocasión solicitase a colaboración da veciñanza amesá, xa que se necesitan dúas familias que queiran participar en dito programa. Na actualidade hai 4 familias inscritas no Vacacións en Paz 2019. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo info@sogaps.org ou chamar polas mañás aos número de teléfono 986 262 637 – 981 377 656.

Trátase dun programa de acollida co que centos de nenos e nenas saharauís pasan o verán en Galicia desde hai máis de 20 anos. Grazas a este programa, os menores poden escapar das altas temperaturas do verán nos campamentos de refuxiados e someterse a diversos exames médicos, inalcanzables na vida diaria que están obrigados a vivir en Tindouf. Ademais, este programa posúe un gran valor cultural para os nenos e nenas saharauís, españois e para as familias acolledoras.

O programa de Vacacións en Paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos nenos e nenas saharauís. Trátase, por tanto, de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos as súas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí.

Dende o Concello de Ames animan a todas aquelas persoas que estean interesadas en vivir unha experiencia única e inesquecible, e que queiran solidarizarse co pobo saharauí, acollendo na súa casa durante os dous meses de verán a unha nena ou neno refuxiado saharauí, que se poñan en contacto con dita asociación enviando os seus datos ao enderezo de correo electrónico info@sogaps.org ou chamando polas mañás ao número de teléfono 986 262 637. Os responsables de Vacacións en Paz poñeranse en contacto con cada persoa que estea interesada neste proxecto, para informalos do proceso que hai que seguir para acoller.

Outra opción é poñerse en contacto co departamento municipal de Servizos Sociais chamando ao número de teléfono 981 377 656. O Concello actúa de mediador entre as familias amesás e esta asociación para xestionar a estadía dos nenos/as saharauís en Ames. O departamento de Servizos Sociais informa ás persoas interesadas, tramita as solicitudes e asegura unha estadía agradable dos cativos no noso municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies