Ames mellora o camiño de Pousada á Capela de San Xoanciño

0

Ames, 10 de agosto do 2018 – Nos últimos días comezaron os traballos de mellora do camiño que vai de Pousada á Capela de San Xoanciño, na parroquia de Ames.

No mesmo proxecto inclúese tamén a mellora do camiño situado no lugar de Sisalde, pertencente á parroquia de Ortoño, cuxos traballos comezarán tan pronto se rematen as obras na primeira vía. Estas dúas obras foron adxudicadas por un importe de 33.949 euros. Os traballos permitirán continuar coa labor de mellora nas comunicacións viarias do rural.

A mellora do camiño de Pousada á San Xoanciño divídese en 4 treitos de distintas lonxitudes e anchuras nos que se prevé a mellora da capa de rodaxe mediante tratamento asfáltico superficial, previa canalización de 155 metros de tubaria de 400 milímetros de diámetro e execución de arquetas para recollida de augas pluviais. Esta actuación permitirá mellorar a comunicación coa capela de San Xoanciño. Alí desenvólvense actos xa tradicionais como a honra á Virxe de Lourdes coa confección dunha gran alfombra floral ou o clásico Belén polas festas do Nadal.

A outra actuación consiste na pavimentación dun camiño situado no lugar de Sisalde (Ortoño) dividido en tres treitos e no que se vai a aplicar unha capa de quince centímetros de formigón. Tamén se acondiciona un sobreancho de 80×4,50 metros realizado neste caso mediante seis centímetros de aglomerado en quente. Estes traballos comezarán tan pronto se remate coas obras do camiño de Pousada á Capela de San Xoanciño.

Remate das obras en Caroubáns

Asemade, veñen de rematar os traballos para a mellora doutro camiño no núcleo de Caroubáns, na parroquia de Covas. Desta volta, mellorouse o pavimento cun aglomerado novo, permitindo un mellor acceso a esta vía desde a estrada CP-0203. O goberno local ten intención de facer traballos de mellora tamén na praza e optimizar un camiño que serve de conexión coa estrada AC-544, que une Bertamiráns e Negreira.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies