Ames lanza unha campaña de apoio ao comercio

0

Ames, 14 de xullo do 2020 – A Concellaría de Promoción Económica de Ames, en colaboración coas asociacións de empresarios e comerciantes, retoma a campaña para fomentar o comercio de proximidade denominada Comercio de Ames. Témolo todo!.

A través de dita iniciativa preténdese que a veciñanza de Ames merque nos establecementos comercias do municipio. O Concello comezou xa a repartir 6.000 bolsas entre os establecementos comerciais, para que repartan entre a súa clientela o venres 17 e o sábado 18 de xullo. Ademais, para darlle visibilidade a esta iniciativa colocáronse os carteis da campaña nos minipuntos limpos que están situados nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro.

O concello lembra que os establecementos comerciais que non reciban as bolsas deben poñerse en contacto coa Concellaría de Promoción Económica a través do correo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal e seranlle entregadas antes do venres 17.

Ames lanza unha campaña de apoio ao comercioA concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, explica que “é unha campaña para tratar de que a veciñanza de Ames se quede no concello para facer as súas compras nos establecementos locais. Agora máis que nunca é o momento de apoiar ao comercio local”.

A concelleira remata dicindo que “en Ames podemos atopar de todo, por iso temos que poñer en valor o comercio local. Se mercamos en Ames iso tamén repercutirá na economía local, xerando postos de traballo e facendo que as empresas e comercios do concello medren”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial