Caritas Milladoiro atendeu máis de 1.000 persoas durante a pandemia

0

Ames, 26 de maio do 2020 – A Unidade Parroquial de Caritas para Milladoiro, Teo e a contorna leva atendidas máis de 1.000 persoas desde o comezo da emerxencia sanitaria.

Caritas informa que estes casos se corresponden con 315 familias con menores a cargo en moitos dos casos. Alimentos, medicamentos e produtos de primeira necesidade son algunhas das achegas recibidas e distribuídas desde a Unidade Parroquial de Ames.

Radiografía da poboación

Os datos manexados por Cáritas desvelan que se trata de familias en situación de vulnerabilidade e risco de pobreza pola redución drástica de ingresos que sufriron. Máis da metade das familias declaran non ter ningún tipo de ingresos.

Só o cinco por cento pertence ao concello de Teo, concentrándose a maioría no núcleo do Milladoiro. O 61% teñen nenos e a maioría dos demandantes de axuda están en idade laboral.

Petición de axuda

Caritas destaca tamén que a continuidade da alerta sanitaria avanza un futuro cun panorama socioeconómico moi desfavorable. E por isto que reiteran a petición de colaboración de particulares e empresas na medida das súas posibilidades.

Número de conta para colaboracións ES93 2080 0392 2430 4000 1950

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial