займ срочно

Cáritas Milladoiro pon en marcha un programa de inserción laboral

0

Ames, 15 de xuño do 2020 – Cáritas Milladoiro, Teo e contorna pon en marcha un programa de inserción laboral destinado a colectivos vulnerables.

O obxectivo do programa de inserción laboral e buscar a integración das persoas que foron e serán afectadas polas consecuencias do confinamento e a desaceleración económica orixinada pola emerxencia sanitaria..

A páxina web  laboris.gal é unha ferramenta onde os mesmos usuarios poderanse dar de alta, elaborar a súa  currículums e mostrar os traballos aos que poden optar pola súa experiencia, coñecementos ou dispoñibilidade. Así mesmo no portal existirá un apartado para empresario e particulares para que poidan publicar as súas ofertas de emprego.

Todas estes servizos non terán custo algún. Como característica importante de esta web está a total interacción entre os usuarios demandantes de emprego e os futuros empregadores, sempre a través dunha ferramenta sinxela, intuitiva e sobre todo accesible desde o seu dispositivo móbil.

Paralelamente intensificarase o traballo do Servizo de Orientación e Acollida, onde a través da escoita detectaránse as dificultades e potencialidades ante a nova realidade, e deseñaranse conxuntamente os seus itinerarios personalizados de inserción laboral.

En definitiva, o programa  laboris.org pretende promover a inserción social de persoas en situación de exclusión e vulnerabilidade social, facilitando e facendo accesibles recursos e ferramentas que faciliten o acceso a un emprego digno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies