Ames celebra as vitorias nacionais e autonómicas de varios deportistas

0

Ames, 3 de xullo do 2018 – O concello de Ames viviu unha fin de semana chea de éxitos deportivos xa que deportistas municipais conseguiron vitorias en patinaxe, xavelina, natación e piragüismo.

Nadia Iglesias

A amesá, Nadia Iglesias de Salvador, do Club de Patinaxe Artística Maxia da Coruña, logrou revalidar a medalla de oro da categoría júnior conseguida xa o ano pasado en Platja d’Aro (Xirona). Este ano dito campionato disputouse os días 28, 29 e 30 de xuño no Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña. A estas vitorias hai que sumar a medalla de ouro, en categoría xuvenil, lograda en 2016 en Alcoy (Alacante), así que este é o seu terceiro título nacional consecutivo. A patinadora amesá realizou dous brillantes programas cunha execución practicamente perfecta.

Daniel Mato, do club de atletismo MillaRaio do Milladoiro, foi campión de España sub 16 en lanzamento de xavelina, conseguindo un lanzamento de 51,85 metros. A medalla de ouro conseguina este pasado sábado, 30 de xuño no campionato celebrado en Castellón.

Samuel Míguez

Samuel Míguez Feijóo, do club de natación Cidade de Santiago, gañou o campionato galego alevín (13 anos) de natación en 100 metros e 200 metros braza. Dito campionato disputouse os días 30 de xuño e 1 de xullo na piscina municipal Rosario Dueñas, en Ourense. Deste xeito, consegue a mínima nestas dúas modalidades para disputar o campionato de España que se celebrará do 19 ao 22 de xullo en Sabadell.

Por outra banda, este pasado sábado, 30 de xuño, disputouse no embalse de Verducido (Pontevedra), o campionato galego de pista xuvenil e sénior. Neste caso, o club Ribeiras do Tambre participou en dito campionato con rapaces e rapazas de categoría xuvenil conseguindo unha medalla de ouro e outra de prata. Deste xeito, Gabriel Martínez Pachón foi o gañador en K-1 200 metros, proclamándose campión galego. O propio Gabriel Martínez e Ángel González Gómez quedaron en segunda posición en K-2 1000 metros, logrando o subcampionato de Galicia. Ademais, a parella formada por Alicia Medina e Lorena Viaño quedou na quinta posición en K-2 500 metros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial