займ срочно

Ames celebra mañá o Trail e andaina Ribeiras do Tambre

0

Ames, 2 de marzo do 2019 –  O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 3 de marzo, o Trail e Andaina Ribeiras do Tambre no que participaran máis de 300 deportistas.

A saída do Riberas do Tambre terá lugar ás 10.00h para os participantes no Trail, e as 10.05 para os da andaina, de Ponte Maceira. Esta proba está encadrada na especialidade atlética do Trail-Running e pertence ao calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, polo que estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación.

O trail constará dun percorrido duns 16 quilómetros, cun desnivel positivo duns 405 metros e un desnivel acumulado de 635 metros. Pola súa banda a andaina percorrerá arredor de 15 quilómetros, cun desnivel positivo duns 340 metros e un desnivel acumulado de 535 metros.

A recollida de dorsais realizarase a partir das 8.30 horas nas instalacións do Real Aeroclub na Ameixenda e, a continuación, os participantes serán trasladados ata Ponte Maceira. Ao finalizar ambas actividades, levarase a cabo a entrega de premios, programada a partir das 12.30h nas instalacións do Real Aeroclub, meta das dúas probas.

Categorías e premios

Na andaina non se establecerán categorías de participación, e poderán intervir menores de idade de ate 10 anos, sempre que vaian acompañados/as por un adulto. No tocante ao trail, estableceranse un total de cinco categorías: senior masculina e feminina, na que se encadrarán os participantes de 18 anos ate master; master 1 masculina/feminina, nados entre 1979 e 1984; master 2 masculina e feminina, nados de 1970 a 1978; master 3 masculina e feminina, nados no 1969 ao antes; e absoluta masculina e femininas, que englobará a calquera das categorías anteriores.

Recibirán premios os tres primeiros clasificados de cada categoría, os tres primeiros equipos, tanto federados como populares, e os catro primeiros clubes da clasificación do trail. Os premios económicos para estes últimos serán de 125 euros para o primeiro equipo clasificado, 100 euros para o segundo, 75 euros para o terceiro e 60 euros para o cuarto. Asemade, todos os participantes do trail e a andaina recibirán un agasallo técnico pola súa participación, que poderán recoller xunto ao dorsal antes do comezo das probas.

Esta actividades está organizada polo Concello de Ames e maila Federación Galega de Atletismo, o evento conta coa colaboración do Real Aeroclub de Santiago, Gonzacar, Pazo de Anzuxao, Tropic e Frutas Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies