Ames celebra o 23 de xullo o Día de Galicia

0

Ames, 19 de xullo do 2018 –  O Concello de Ames está preparando para o luns, 23 de xullo, ás 20.00 horas, unha serie de actividades para celebrar o Día de Galicia. Trátase dun acto institucional, que se celebrará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O Día de Galicia en Ames terá música, a cargo de M.J. Pérez e Ailén Kendelman, e se lerán varios poemas por parte dos gañadores do XV Certame Literario do Concello de Ames. Será un evento sinxelo e aberto a toda a veciñanza de Ames no que se fará unha recepción oficial ao catedrático Anxo Carracedo e contará coa intervención institucional de cada un dos grupos municipais.

Recepción oficial ao catedrático Anxo Carracedo

O acto servirá para facerlle unha recepción oficial ao catedrático Anxo Carracedo, que é veciño de Ames. Deste xeito, entregaráselle a medalla de honra do Concello de Ames. Carracedo é recoñecido, ademais de pola súa traxectoria profesional, pola súa visión humanizada da ciencia e o seu compromiso coa divulgación científica.  Actualmente coordina a investigación coa labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial