Novo enfrontamento entre Xunta e concello de Ames polo Centro de Saúde do Milladoiro

0

Ames, 19 de maio do 2020 – Un novo enfrontamento entre concello e Xunta retrasa a posta en marcha do novo Centro de Saúde do Milladoiro.

A Xunta anunciaba onte que o Centro de Saúde estará rematado nun mes pero engadía que ” non poderá entrar en servizo polos incumprimentos do Concello de Ames en relación coa urbanización e dotación de servizos á parcela”.

O concello de Ames pola súa banda explicaba que non podía urbanizar a zona se a Xunta non retiraba o valado. Lembraba ademais o retraso da obra que estaba previsto que rematara en novembro según as previsións feitas pola Consellería no mes de agosto do ano pasado.

Novo enfrontamento entre Xunta e concello de Ames polo Centro de Saúde do MilladoiroXuntanza sen concello

O goberno municipal de Ames critica tamén o feito de que este luns a Consellería de Infraestruturas mantivera unha xuntanza, por videoconferencia, cos responsables do equipo director das obras sen que se invitara a ningún representante do concello.

Ames solicitou en xullo do 2019 autorización para realizar a acometida de electricidade, e no pasado mes de agosto de 2019, con rexistro de saída 000/5332, reiterou dita solicitude. Tras varias comunicacións coa empresa suministradora, UFD Grupo Naturgy, en setembro, decembro e principios de febreiro finalmente a Xunta valida o proxecto definitivo de acometida e a empresa comunica ao concello que puntos de entronque de acometidas ten que realizar. A autorización para dita obra por parte de empresa chegaría o 13 de marzo polo que todo tivo que pospoñerse.

O valado

O Concello de Ames segue pendente ademais  da urbanización da parte frontal que dá acceso ao Centro de Saúde, ao non poder traballar na mesma mentres non se retire o valado de obra existente. Nesta liña, o Concello remitiu escritos á Xunta de Galicia en varias ocasións desde o pasado ano para a retirada do valado sen recibir contestación ao respecto e estando a mesma instalada na actualidade.

Para o goberno municipal “querer xustificar o atraso das obras do centro de saúde de Milladoiro botando balóns fóra por parte da conselleira de Infraestruturas di moi pouco de quen fai ditas declaracións, así como pretender usar isto politicamente pensando na campaña electoral de xullo. Nestes intres o prioritario son outras cousas e desde o Concello de Ames desexamos que o novo centro de saúde estea o antes posible pola súa necesidade”.

A posición da Xunta

A nota publicada pola Xunta carga as tintas contra o concello. En ela dise que a conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez  “explicou que estas instalacións estarán finalizadas antes de que comece o verán e en disposición de poñelas en servizo inmediatamente. Non obstante, precisou que os compromisos do Concello con esta actuación non se están a cumprir”.

A Xunta fai referencia aos dous problemas explicados polo concello, a acometida eléctrica e a urbanización, limitándose a dicir que “o Goberno local non executou a súa parte que atinxe á urbanización e á dotación de servizos como a acometida eléctrica. Neste sentido, (a conselleira) fixo un chamamento ao Concello para que actúe e solucione os problemas para facer efectiva a súa apertura no verán”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial