Charla informativa en Ames sobre o ingreso mínimo vital

0

Ames, 27 de xullo do 2020 –  O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza para o mércores, 29 de xullo, ás 20.30 horas, unha charla sobre o ingreso mínimo vital.

A charla celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro. A avogada e asesora xurídica dos servizos socio comunitarios básicos do Concello de Ames, Raquel Dopico, será a encargada de explicarlle aos/as asistentes que é o ingreso mínimo vital, as contías que corresponden en cada caso, quen a pode solicitar, como, onde, etc. Prégase estar un pouco antes do comezo da charla. Hai aforo limitado que se irá cubrindo a medida que vaia chegando a veciñanza.

O ingreso mínimo vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia e carecen de recursos económicos básicos para cubrir as súas necesidades básicas.

Configúrase como dereito subxectivo a unha prestación económica, que forma parte da acción protectora da Seguridade Social, e garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade económica. Persegue garantir unha mellora real de oportunidades de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias.

Opera como unha rede de protección dirixida a permitir o tránsito desde unha situación de exclusión a unha participación na sociedade. Conterá para iso no seu deseño incentivos ao emprego e á inclusión, articulados a través de distintas fórmulas de cooperación entre administracións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial