займ срочно

Xornadas de portas abertas no Fútbol Club Meigas

0

Ames, 26 de agosto do 2019 – Entre os días 4 e 27 de setembro, o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos.

A iniciativa consiste en abrir os adestramentos do Meigas a todas aquelas rapazas que desexen acudir. Todas as nenas que queiran probar o fútbol sala poderano facer durante os mércores 4, 11, 18 e 25 no pavillón polideportivo do Milladoiro, e os venres 6, 13, 20 e 27 no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

Estes adestramentos estarán divididos en dúas quendas segundo a idade. Por un lado, no Milladoiro, de 18:30 a 19:30h poderán acudir as nenas nadas do 2007 ao 2015, e de 19:30 a 20:30h as rapazas nadas no 2006 e anos anteriores. Por outra banda, a Bertamiráns acudirán de 18:00 a 19:00 as nenas nadas do 2007 ao 2015, e de 19:00 a 20:00 horas as rapazas nadas no 2006 e anos anteriores.

Estas xornadas son de balde, non requiren de inscrición previa e non hai tampouco obriga de continuar se se acude a elas.

5 equipos e arredor de 60 xogadoras

O Fútbol Club Meigas foi posto en marcha no ano 2004. O obxectivo deste club dende a súa fundación foi ofrecer ás xogadoras do concello a posibilidade de practicar fútbol sala, formar unha canteira de xogadoras, e que pouco a pouco sexan estas xogadoras as que fagan crecer o club. Dende a súa posta en marcha, o club foi aumentando o número de equipos e de participantes ata chegar actualmente a estar composto de 5 equipos e arredor de 60 xogadoras. Ademais, o club puxo en marcha as Escolas de Fútbol Sala Trasgos nas que se dá cabida a todos aqueles rapaces que queren practicar este deporte.

Por outra banda, o Fútbol Club Meigas encárgase de impartir as escolas deportivas municipais de fútbol sala feminino. Para obter máis información podes chamar ao número de teléfono 670 518 120, enviar un correo electrónico ao enderezo fcmeigas@gmail.com, entrar na páxina web www.fcmeigas.com ou consultar o seu Facebook.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies