займ срочно

Ames colabora coa Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos, ADOS

0

Ames, 14 de agosto do 2017 – O Concello de Ames e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos, ADOS, impulsan a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

A unidade móbil da axencia de doazón estará os días 17 e 18 de agosto no Milladoiro e os días 24 e 25 en Bertamiráns dentro de esta nova colaboración con ADOS.

Ames acadou 43 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016. Esta cifra está por riba das recomendacións da Organización Mundial da Saúde que recomenda ter entre 40 e 60 doazóns por cada 1.000 habitantes eo obxectivo para este ano e manterse en esas cifras ou incluso aumentalas.   

Desde ADOS agradecen a implicación das persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Ademais, o verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello de Ames distribuirá unha carta informativa entre a veciñanza. Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. O persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue.

A unidade móbil do CTG estará en Ames

Para pode colaborar coa campaña #súmatedoasangue unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá o xoves 17 e mailo venres, 18 de agosto, ao Milladoiro. O vehículo estacionará na rúa da Curuxa (ao carón de Supermercados El Árbol) en horario e 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.

Ademais, o xoves 24 e o venres 25 de agosto, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará estacionada na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies