Volve o curso e volve a esixencia de prazas nos comedores de Ames

0

Ames, 8 de setembro do 2018 – Aínda non esquecido o debate no fin do curso sobre o servizo dos comedores escolares, Ames Novo o aviva reclamando prazas para tódalas solicitudes.

Ames Novo levou ao último pleno unha moción urxente, finalmente aprobada por unanimidade, na que o goberno comprométese a estudar, de xeito urxente, as solucións necesarias para atender as demandas de praza nos comedores escolares. A proposta tamén obriga a que antes de que remate o ano preséntese ao pleno unha serie de medidas encamiñadas a adecuar o número de prazas ao previsible aumento da demanda.

Ames Novo critica a actitude do concelleiro de educación, David Santomil, que no pleno chegou a dicir que “non son unha competencia municipal” e asegurou que o número de prazas non se ampliaría. Santomil explicou que Ames é o concello que máis porcentaxe de orzamento a educación ao que Quique Costas, portavoz de Ames Novo contestou “Que sexamos o Concello que máis parte do orzamento dedica a educación non é máis que a consecuencia de que somos o concello do país con maior porcentaxe de poboación en idade escolar, a cuestión é se esa porcentaxe é suficiente e, á vista do problema que temos, parece que non”.

Ames Novo considera que para atender a demanda actual do servizo de comedores sería preciso incrementar esa partida nunha cantidade que non acadaría o 1% máis do orzamento do Concello de Ames, “un esforzo

orzamentario perfectamente asumible sen mingua significativa de ningún outro capítulo”, en palabras do voceiro da agrupación. Para Ames Novo “O problema produciuse como consecuencia de que en tres anos de mandato non se adoptou medida algunha que permitise o crecemento do servizo. É falso que a oferta aumentara en 200 prazas, o que si aumentou foi o número de usuarios, algo moi distinto, que acabaron por sobordar a oferta existente”.

Ames Novo considera que a raíz do problema está na falta de ambición política ao respecto do actual Concelleiro de Educación. “Se partes de que é unha competencia allea, só podes chegar á conclusión de que o esforzo que se está a facer xa é excesivo e, xa que logo, é imposible desde esa asunción que te propoñas facer medrar un servizo que, ademais de ser un referente, ten moito que ver crecemento poboacional do noso concello. Ames Novo volverá a levar este asunto a Pleno coa proposta de que se adopten medidas provisorias e urxentes que permitan que as persoas que teñen solicitado este servizo para o presente curso poidan disfrutar del”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial