займ срочно

Ames busca saber que tipo de familias usan os comedores escolares municipais

0

Ames, 31 de maio do 2018 – A Concellaría de Educación de Ames acaba de encargar un estudo para analizar o perfil socioeconómico e laboral das familias usuarias dos comedores escolares municipais, así como para coñecer a súa valoración deste servizo. O obxectivo é contar con datos que permitan revisar o regulamento dos comedores escolares, dos programa lúdicos e da Escola de Verán de cara aos próximos cursos

Este estudo é unha iniciativa xurdida do pleno extraordinario do Consello Escolar Municipal celebrado o pasado día 15. O Consello decidiu que antes de tomar decisións era preciso coñecer os perfís dos usuarios dos comedores escolares e dos programas de conciliación con datos reais e información detallada. No mes de novembro acordouse a actualización do regulamento da rede municipal de comedores que entrou en vigor o pasado 1 de febreiro. Desde o 2015 o servizo creceu nunhas duascentas prazas entre os 5 centros que usan o servizo.

O estudo encargado analizará o perfil das familias usuarias, tanto as correspondentes á renovación de prazas coma as novas solicitudes; a ocupación laboral dos membros da unidade familiar e os/as usuarios/as censados no concello de Ames. Así mesmo, analizará a valoración do servizo, co obxectivo de seguir mellorando. Para isto realizaranse enquisas aos máis de 1.200 usuarios/as de comedores. O estudo será realizado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela, que xa elaborou o mapa de necesidades educativas do Concello de Ames. O prazo establecido para a súa elaboración é dun mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies