Ames comeza a cubrir as áreas de xogo

0

Ames, 29 de maio do 2019 – O concello de Ames ven de adxudicar a cubrición da área de xogo da praza de Chavian, en Bertamiráns, e licitou a pasada semana un traballo similar para a de Agro da Vella no Milladoiro.

Os traballos nas áreas de xogo son financiados cos fondos dos plans de obras e servizos da Deputación. O parque de Chavián foi adxudicado por 153.549 euros con cargo ao POS 2018. O parque de Agro da Vella no Milladoiro licitouse cun orzamento de 190.393,60 euros do sobrante do POS+ 2017, a maiores o concello aportará de fondos propios 36.245,39 euros.

Parque infantil de Chavian

O proxecto de cubrición da área de xogos, implantación e ordenación de elementos no parque infantil de Chavián, en Bertamiráns, contempla a realización de obras de cubrición e protección dunha parte, de aproximadamente 160 metros cadrados, da praza situada en fronte á avenida da Maía. Está equipada como área de xogos infantís en dous espazos; un de usuarios/as en idade preescolar e o outro para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

A zona que se vai a cubrir vai a ser a área de xogos para nenos e nenas en idade preescolar, mentres que na outra zona do parque infantil, que está destinada aos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos, vanse a reordenar os elementos existentes e instalar un novo xogo de trepa con capacidade para 45 nenos/as aproximadamente. 

Para a cubrición dunha parte do parque infantil, vaise a implantar unha estrutura metálica que se cubrirá mediante unha malla téxtil semitransparente lixeira que garante o uso da zona cuberta nas estacións de choiva e secas, e tanto nos períodos de iluminación diúrna como nocturna. A totalidade da intervención de cubrición máis a reordenación dos xogos actuais e a instalación do novo elemento de trepa, acada unha superficie de intervención construtiva sobre o ámbito de 653,90 metros cadrados.

Parque infantil de Agro da Vella

O proxecto de cubrición do parque infantil da Praza de Chavián únese ao proxecto das mesmas características que se vai desenvolver no parque infantil de Agro da Vella, situado no Milladoiro.

Este proxecto executarse na praza que está situada entre a rúa Agro da Vella, a rúa Palmeiras, a rúa Agro do Medio e a avenida Muíño Vello. Os traballos que se desenvolverán consisten en cubrir a área de xogos, que abrangue unha superficie de preto de 400 metros cadrados e realizaranse coa implantación dunha estrutura metálica porticada lixeira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial