Ames comeza a mellora viaria de Cantalarrana e Carballido

0

Ames, 10 de xaneiro do 2019 – A Xunta de Goberno Local de Ames adxudicou as obras de ordenación e mellora viaria de Cantalarrana e Carballido cun investimento de 74.426,62 euros.

O prazo de execución do proxecto é de seis meses. A obra Cantalarrana e Carballido, na parroquia de Ortoño, está incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos da Deputación da Coruña.

Unha das zonas que será arranxada

Os traballos mellorarán a capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma. O espazo está dividido en tres treitos de 170×4,00, 530×4,00 e 310×4,00 m, así como 100 m2 de sobreanchos. Previamente repararanse as fochancas e perfilaranse os mordes, previo emprego de 12 centímetros de zahorra, dez de grava e tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación da superficie pavimentada ambos lados (0,50m. a cada lado) dentro da plataforma actual dos viarios, nos dous últimos treitos (530 e 310 m.).

Contémplase tamén a execución de 618 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón, baixo a que se canalizará tubería de polietileno corrugado de 315 centímetros de diámetro e executaranse 18 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais. Asemade, preténdese a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos e unha partida para adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial