займ срочно

Ames e Santiago asesoran de balde a PYMES, autónomos e traballadores

0

Bisbarra, 3 de abril do 2020 – Ante a situaión tan complicada que viven as pequenas empresas e os autónomos concellos como o de Ames ou o de Compostela os asesoran de eito gratuíto.

As novas leis, os apoios a actividade económica, presentes e futuros, ou as prestacións por desemprego son algúns dos aspectos sobre os que os concellos están asesorando a cidadanía.

Compostela

O Concello de Compostela lembra que dende o inicio da crise sanitaria do Covid-19, a web do CERSIA Empresa está reunindo nun espazo tanto a lexislación que vai saíndo e que afecta á regulación da actividade económica como as medidas de apoio que se van poñendo en marcha. O Concello de Santiago lanza unha mensaxe ao tecido empresarial para que visiten este espazo web, e tamén que remitan as súas dúbidas ou consultas ao Servizo de Apoio á Empresa, a través do correo electrónico cersia@santiagodecompostela.gal.

Agora mesmo, a web do CERSIA Empresa xa recolle máis de 20 convocatorias e conta cun espazo no que se vai actualizando diariamente tanto a lexislación que se publica como resumos da mesma elaborados polo Servizo de Apoio á Empresa que facilitan a súa interpretación.

Ames e Santiago asesoran de balde a PYMES, autónomos e traballadores

Imaxe de Free-Photos en Pixabay 

Ames

O Concello de Ames incrementou o servizo ofrecido á veciñanza  para consultas relacionadas coas axudas postas a disposición das  afectadas e afectados no eido laboral pola situación de emerxencia sanitaria do coronavirus. A veciñanza pode chamar ao número 669 02 47 33, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, para formular as súas dúbidas que serán atendidas polo Servizo de Emprego municipal.

Estas dúbidas, poden ser derivadas por traballadores que se ven afectados ou poden sufrir un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego) e autónomas/os que tamén se vexan afectados pola situación.

Ames tamén recomenda ter en conta as novas medidas aprobadas polo Goberno do Estado nos pasados Consellos de Ministros que afectan ás persoas traballadoras temporais que ven finalizados os seus contratos e que poderán acollerse a un subsidio de desemprego.

Así mesmo, tamén se aprobaron novas medidas para as traballadoras do fogar, para as que se estableceu unha prestación especifica cando tivesen que deixar de prestar servizos total ou parcialmente a consecuencia do estado de alarma.

A prestación extraordinaria para autónomas/os, uns dos colectivos máis afectados pola situación

Nas últimas disposicións aprobadas polo Executivo do Estado, tamén se recoñece que as traballadoras e traballadores por conta propia poderán solicitar unha prestación extraordinaria cando a súa actividade se vexa afectada polo peche de negocios debido á declaración do estado de emerxencia ou cuxa facturación deste mes caia nun 75% con respecto á media mensual do semestre anterior.

En canto ás autónomas/os que teñan traballadores ao seu cargo, que tiveran que pechar pola declaración do estado de alarma, ou que vexan reducida a súa facturación nun 75%, poden presentar un ERTE para os seus traballadores e solicitar esa prestación extraordinaria.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies