Festa de Entroido en Ames

0

Ames, 20 de febreiro do 2020 – O concello de Ames celebra o Entroido cunha festa e concurso de disfraces o vindeiro luns día 24, a partir das cinco da tarde no Milladoiro.

As inscricións para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do propio día da Festa de Entroido. Repartiranse 3.800 euros repartidos nas seguintes categorías: infantil, adultos, grupos e comparsas. Ademais, haberá dous premios especiais dotados con 125 euros aos mellores disfraces realizados con material de reciclaxe. O xurado valorará os disfraces conforme á creatividade, caracterización e orixinalidade. A charanga Mekanika e maila Gramola Gominola porán música a esta festa.

Categorías e premios do concurso de disfraces

Festa de Entroido en AmesHaberá tres premios por cada categoría. Deste xeito, na categoría infantil haberá 100 euros para o primeiro, 75 euros para o segundo, e 50 para o terceiro. Na categoría de adultos o primeiro premio estará dotado de 200 euros, o segundo de 150 euros, e o terceiro de 75 euros. Na categoría de grupos os premios serán de 500, 300 e 150 euros, mentres que na categoría de comparsas entregaranse 1.100, 600 e 500 euros.

O xurado, que estará composto por tres persoas designadas polo departamento de Cultura, valorará os disfraces conforme á creatividade, caracterización e orixinalidade. Esta valoración realizarase durante o desfile. A súa decisión será inapelable. Os/as participantes deberán presentarse na carpa instalada polo Concello no aparcadoiro da Travesía do Porto, debidamente ataviados entre as 17:00 e as 18:00 horas. O desfile de disfraces e comparsas, que comezará arredor das 18:00 horas, sairá do aparcadoiro da Travesía do Porto e percorrerá as rúas Palmeiras, Agro do Medio, Agro da Madalena, Cereixos e Travesía do Porto.

O grupo de música, Gramola Gominola, actuará de 17.00 a 18.00 horas, antes do inicio do desfile. A charanga Mekanika actuará durante o desfile e na carpa unha vez remate dito desfile ata as 21.00 horas. A entrega de premios realizarase arredor das 20.00 horas co equipo da Gramola Gominola.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial