Ames construirá dous novos anfiteatros ao aire libre

0

Ames, 5 de decembro do 2018 –  O pasado luns Ames presentou os proxectos de anfiteatros para O Milladoiro e Bertamiráns, incluídos dentro dos Orzamentos Participativos para a mocidade 2018.

Estes proxectos foron elixidos pola mocidade amesá para executarse cunha partida de 50.000 euros, incluída nos Orzamentos Participativos. Estes anfiteatros, que se poderán dedicar a organizar festas, teatro e cine ao aire libre, executaranse na avenida do Muíño Vello, no Milladoiro, e no lugar de Lapido, preto de Bertamiráns.

Por primeira vez no Concello de Ames a mocidade escolleu que facer cunha partida orzamentaria de 60.000 euros. Esta contía está incluída nos Orzamentos Participativos para a mocidade 2018. Un total de 50.000 euros serán destinados á construción de dous anfiteatros, un no Milladoiro e outro no lugar de Lapido, preto de Bertamiráns, para organizar festas, teatro e cine ao aire libre. Os outros 10.000 euros restantes dedicaranse á organización de dous festivais con grupos locais que servirán para inaugurar ditos equipamentos.

A presentación destes novas instalacións correu a cargo da concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, e maila concelleira de Participación e Atención Cidadá, Isabel González. Tamén asistiron Pilar Villaverde, técnica municipal da Concellaría de Mocidade; Ana González, persoal técnico da empresa Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, Sociedade Cooperativa Galega; Alfonso Díaz, persoal técnico da empresa Oficina de Planeamento que redactou os proxectos; e mailos mozos e mozas da Comisión de Orzamentos Participativos.

Alfonso Díaz, da empresa Oficina de Planeamento, foi o encargado de facer a presentación dos proxectos que se van a executar. No Milladoiro o anfiteatro realizarase na avenida do Muíño Vello, en fronte á nova igrexa deste localidade. Coa execución destas gradas, ademais de dispor dun novo espazo aberto, habilitase unha nova entrada para a zona verde que está nos arredores do IES Milladoiro e da zona deportiva desta localidade. No caso do Milladoiro aproveitarase o xabre que existe en dita zona para realizar o escenario. Tamén se plantarán árbores para proporcionar sombra a dito espazo.  

Por outra banda, o anfiteatro de Lapido construirase preto da pista polideportiva que existe neste lugar. A propia pista polideportiva servirá como escenario do anfiteatro. Neste caso, este novo espazo, tamén servirá de porta de entrada a unha zona verde boscosa que estará próxima a dito anfiteatro. Para construír os dous equipamentos empregáranse pezas prefabricadas en forma de “L” de 5 metros de lonxitude (de 40 por 90), que van apoiadas sobre muros de gabión.

Aforo para 60 persoas

Os dous anfiteatros están deseñados para albergar unhas 60 persoas aproximadamente. As gradas do Milladoiro poderían ser ampliadas no futuro ata practicamente dobrar o aforo, mentres que en Lapido a capacidade de ampliación é máis reducida debido a falta de espazo. Ambos espazos cumpren a normativa en materia de accesibilidade. Nestes dous espazos vanse investir 50.000 euros (25.000 euros en cada un). A inauguración destes anfiteatros farase no mes de febreiro ou marzo cun concerto de grupos locais, que é a actividade elixida pola mocidade dentro dos Orzamentos Participativos.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, destacou que “é a primeira vez que a mocidade escolle unhas actuación con dotación orzamentaria, polo que é un feito que marcará un punto de inflexión”. Ademais, explicou que ao tratarse de instalacións feitas con pezas prefabricadas “a idea é seguir ampliando estes espazos, se fose necesario de cara ao futuro, xa que son instalacións con capacidade de ampliarse. En todo caso, terá que ser a mocidade a que decida se creen necesario amplialos ou non”.

Os mozos e mozas que integran a Comisión de Orzamentos Participativos mostraron a súa satisfacción pola execución destes dous novos espazos e agardan poder empregalos xa durante a vindeira primavera.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial