Ames continua este xoves co programa de camiñatas SaudeAndo

0

Ames, 26 de marzo do 2019 –  Este xoves, 28 de marzo, a partir das 17.30 horas, celebrarase unha nova andaina do programa SaudeAndo con saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns.

Esta actividade, ao igual que o resto de andainas SaudeAndo, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.

Tralo éxito do programa de andainas saudables organizado no segundo semestre do 2018, o Concello de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro organizaron un novo ciclo de camiñatas que, nesta ocasión, se realíza en ambas localidades durante xoves alternos. Dito programa comezou o pasado 14 de marzo en Bertamiráns e rematará o 19 de decembro no Milladoiro. No total, haberá 30 andainas, 16 en Bertamiráns e 14 no Milladoiro. As devanditas andainas realizarase todos os xoves dende o mes de marzo ata o de decembro, agás os meses de xullo e agosto.

Ao igual que en andainas anteriores, a actividade estará supervisada por Ricardo Angueira Vázquez, o monitor que impartiu o curso de iniciación de Marcha Nórdica, polo que a andaina tamén servirá para seguir afianzando o aprendido nos obradoiros ou comezar a aplicar algúns trucos desta modalidade neste tipo de actividades.

Promoción da actividade física

A través desta actividade, a Concellaría de Sanidade ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde. Neste senso, son numerosos os estudos que indican que a práctica regular de actividade física aporta unha ampla serie de beneficios, a longo e a curto prazo, tanto físicos como emocionais.

Así, entre o amplo abano de beneficios que supón a realización de exercicio físico atópase a mellora da función cardiorrespiratoria, da forza muscular e da masa ósea, ademais de converterse nun factor clave para combater a obesidade. Asemade, esta práctica diminúe o desenrolo de factores de risco asociados a enfermidades crónicas como é o caso de hipertensión, diabetes, hipercolesterolemia ou osteoporose. Por outra banda, o deporte tamén mellora a autoestima, posto que permite reducir os síntomas de ansiedade e depresión e diminuír o estrés. Neste senso, a realización de actividade física, ademais de divertido axuda a sentirse máis feliz.

Calendario de andainas durante o 2019

Entre os meses de marzo e decembro deste 2019 realizaranse un total de 30 andainas, das que 16 terán lugar en Bertamiráns e 14 no Milladoiro. Así, en Bertamiráns haberá andaina os días 28 de marzo, 11 e 25 de abril, 9 e 23 de maio, 6 e 20 de xuño, 5 e 19 de setembro, 3, 17 e 31 de outubro, 14 e 28 de novembro, e 12 de decembro. No Milladoiro realizarase esta actividade os días 4 de abril, 2 e 16 de maio, 13 e 27 de xuño, 12 e 26 de setembro, 10 e 24 de outubro, 7 e 21 de novembro, e 5 e 19 de decembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial