Ames crea Conectad@s, un rexistro voluntario de persoas que viven soas

0

Ames, 13 de febreiro do 2019 –  O local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro acollerá esta tarde, ás 17.30 horas, a presentación do programa “Conectad@s”, unha iniciativa do Concello para elaborar un rexistro voluntario de persoas que viven soas.

Ademais da presentación de Conectad@s terá lugar a charla  “Recursos para persoas que viven soas”, impartida polo traballador social do Concello de Ames, Jesús A. Tato, e pola psicóloga municipal, Mónica Antelo. Os técnicos falaran do programa de Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na Casa, ou a Teleasistencia domiciliaria.

Rexistro voluntarios de persoas que viven soas

Concetad@s é un rexistro voluntario para persoas que viven soas posto en marcha pola Concellaría de Servizos Sociais. A iniciativa está cofinanciada pola Obra Social da Fundación La Caixa. Os Servizos Sociais farán un seguimento efectivo de todas aquelas persoas maiores e persoas que viven soas nos seus domicilios evitando ou previndo situacións de risco derivadas de esta circunstancia.

O programa tamén contará con accións de carácter preventivo e intervención directa das situacións detectadas co obxectivo de paliar o sentimento de soidade nas persoas, contando con elas como axentes principais do seu cambio, recoñecendo as súas necesidades, os seus desexos e a súa capacidade para afrontalo. Para informarse ou inscribirse neste novo programa pódese chamar aos números de teléfono dos Servizos Sociais: 981 535 941 (O Milladoiro) ou 981 890 964 (Bertamiráns).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial