Ames aproba un crédito extraordinario de máis de cen mil euros

0

Ames, 7 de setembro do 2020 – O pleno ordinario de Ames aprobou un crédito extraordinario de máis de cen mil euros para cubrir a parte correspondente da Plan Reactiva da Deputación da Coruña.

O Plan Reactiva da Deputación asignou ao concello un total de 582.547 euros dos que o concello terá que aportar vinte por cen. O crédito aprobado o pasado xoves cubrirá esta aportación que suporá 116.509,57 euros Este fondo está dirixido ás microempresas e autónomos para facer fronte ás consecuencias da crise sanitaria provocada pola Covid-19.

Este crédito extraordinario supón a diminución de outras partidas. Deste xeito, 68.000 euros procederán do Plan de limpeza de camiños municipais. Neste exercicio 2020 estaba previsto acometer un plan de limpeza de camiños, para a súa reparación, mantemento e conservación. Debido a que este servizo ten que ser licitado e os prazos que conleva este procedemento, estimase que dos 120.000 euros presupostados se pode producir o aforro indicado. Outros 30.009,57 euros proceden do servizo de colaboración na xestión tributaria. Este servizo está en proceso de licitación e estímase que será adxudicado durante o mes de setembro, polo que se vai a producir unha baixa no importe presupostado para dito servizo. Por último, destinaranse 18.500 euros do servizo de ordenación do tráfico e estacionamento, que recollía para o exercicio 2020 a compra de PDAs para os/as axentes da Policía Local. Esta compra non se realizará no exercicio 2020.

Ames aproba un crédito extraordinario de máis de cen mil eurosCríticas do Partido Popular

O alcalde de Ames, Jose Miñones, explicou que “agora o que se fai é aprobar un crédito extraordinario para que o Concello poida afrontar a achega que lle corresponde do Plan provincial Reactiva. Posteriormente, no pleno ordinario de setembro está previsto que a Corporación municipal teña que aprobar, se procede, a adhesión do Concello de Ames ao PEL Reactiva da Deputación. Despois, haberá que convocar un pleno extraordinario para aprobar, tamén se procede, o Plan de reactivación económica municipal Reactiva Ames”.

Estas declaracións foron moi criticadas polo Partido Popular que, nunha nota de prensa posterior, dicía que o alcalde recoñecera a súa incompetencia e a falta de iniciativa  ” No transcurso do debate plenario, o subconsciente xogoulle unha mala pasada ao Alcalde socialista José Miñones, cando recoñeceu, implicitamente, a súa carencia de iniciativa ao recoñecer que o documento das medidas para a reactivación económica do concello, contratado a unha asistencia técnica, aínda está en redacción e vai pola súa novena versión, o que provoca que o concello de Ames sexa a única administración que, a estas alturas, non aportou ningunha medida destinada aos autónomos, pequenas empresas e demais sectores afectados pola pandemia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial