займ срочно

O remate do verán agrava a crise de seguridade en Ames

0

Ames, 6 de setembro do 2018 – O conflito en torno a seguridade en Ames continua agravándose e PxA e PP critican que por primeira vez se celebrara unha Xunta Local de Seguridade sen presenza da Policía Local e preguntan que sucederá coa volta ao cole.

Os grupos da oposición acusan a subdelegación do goberno de complicidade nun asunto, o da seguridade local, que está lonxe de ter unha solución. Nunha nota de prensa ambas formacións din que “a Subdelegación do Goberno anuncia medidas que logo non cumpre ou cumpre con grandes matices e grandes eivas a fin de pasar de puntillas e cubrir o expediente dun problema que leva enquistado en Ames dende hai anos e que agora, e debido a incompetencia do tripartito coa complicidade da Subdelegación do Goberno, está nun punto altamente preocupante”.

Xunta Local de Seguridade

A non presenza de representantes da Policía Local na Xunta Local de Seguridade é motivo de crítica xa que se trata dunha situación inédita. O certo é que estaban convocados aínda que non acudiu ningún. Tódolos mandos estaban de baixa polo que ninguén sabe explicar si podería ir un axente raso e desde o goberno non parece que se poida facer nada máis que convocar ao corpo xa que o alcalde é o xefe administrativo. Trátase dun problema máis no funcionamento, xa con bastantes eivas, do corpo municipal.

A volta ao cole

É outra das preocupacións que poñen enriba da mesa PxA e PP. O control dos accesos e saídas dos colexios é unha das funcións diarias da Policía Local. Os grupos da oposición ven con preocupación o comezo do curso xa que consideran que podería supoñer importantes problemas de tráfico.

Con 13 axentes de baixa de 25 o certo é que as perspectivas para o outono, sempre cheo de actividades, non son as mellores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies