Cursos de iniciación ao piragüismo no concello de Ames

0

Ames, 22 de xuño do 2020 – Un ano máis o concello de Ames organiza cursos de iniciación ao piragüismo que se desenvolverán na praia fluvial de Tapia.

Os cursos organizados pola Concelleira de Deportes de Ames impartiranse nos meses de xullo e agosto e están dirixidos a nenos nados entre o 2006 e o 2012.

As clases serán os luns, mércores e venres, en horario de 11.00 a 12.15 horas. O prazo para apuntarse xa está aberto. Ofértanse 20 prazas para cada mes. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Os cursos serán dados polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

Cursos de iniciación ao piragüismo no concello de Amesinscricións

As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal. No momento da inscrición hai que especificar o mes ou os meses que o/a usuario/a vai asistir. Haberá que enviar o impreso federativo, fotocopia do DNI e unha fotografía. Unha vez feita a inscrición, o técnico de deportes enviaralle ao usuario/a o impreso de inscrición por correo electrónico.

O prezo desta actividade é de 30 euros para un mes e 50 euros para os dous meses. Para participar nestes cursos é imprescindible saber nadar. Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 619 842 504.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial