займ срочно

70 pilotos participan no Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017

0

Ames, 17 de maio do 2017 –  O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizan hoxe mércores, 17 de maio, a proba de supercross Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda.

Na Ames-Dagan Cup participarán arredor de 70 pilotos de supercross de toda Galicia que estarán divididos en sete categorías diferentes: elite; veteranos; promoción; 85 cc; alevín de menos de 8 anos e alevín de máis de 8 anos; féminas; e hobby que son os que se inician neste deporte.

Trátase da primeira proba que se celebra este ano dentro da Dagan Cup. Pola mañá realizaranse as verificacións técnicas e administrativas, así como os adestramentos. Pola tarde, ás 16:00 horas, dará comezo a proba que se compón de dúas mangas por categoría.

A Dagan Cup é a única competición de supercross que se organiza en Galicia actualmente. Trátase dun evento non oficial, interprovincial e non federado, de acordo coa actual normativa galega de deportes, e na que se dan cita os mellores pilotos galegos desta modalidade deportiva xa que actualmente non existe outra proba federada de supercross.
O circuíto SX “Alex de Moure” recibiu unhas pequenas modificacións no trazado respecto á edición anterior da Ames-Dgan Cup. Este recinto de máis de 17.000 metros cadrados conta cun amplo aparcadoiro, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies