O Festival de maxia de Ames comeza polos escolares

0

Ames, 22 de outubro do 2019 – A programación do décimo cuarto Festival de Maxia de Ames arranca nos centros de ensino do concello, e seguirá desenvolvéndose durante toda a semana con actividades dirixidas ao alumado de infantil, primaria e secundaria.

Ademais, este festival de maxia. organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña, contará durante a fin de semana con numerosos obradoiros, espectáculos de e varios pases da Gala Internacional.

Programación na fin de semana

Tras chegar a máis de 3.000 escolares o Festival abrirase á veciñanza. O venres 25 de outubro a Casa do cultura do Milladoiro acollerá ás 18.00 horas “Momentos Máxicos co Mago Rafa”. Unha actividade dirixida a un público familiar, con nenos de 6 anos en adiante. Para este espectáculo aínda quedan dispoñibles arredor de 40 entradas na billeteira electrónica.

Proseguiranlle, o sábado 26 e o domingo 27, dous obradoiros máxicos. O primeiro deles, será realizado por Joshua Kenneth na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 11.00 a 12.00 horas. Mentres que o obradoiro do domingo, realizado polo Mago Paco, será no mesmo horario pero na Casa da Cultura do Milladoiro. O número de prazas por día é de 25, polo que é necesaria á inscrición no número de teléfono 981 535 940, dende o día 21 ata o 25 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 22.00 horas.

Gala Internacional de Maxia

O prato forte da fin de semana será a Gala Internacional de Maxia. Como novidade, este ano haberá catro pases para que ninguén quede sen poder asistir como en ocasións pasadas. Así, o sábado 26 haberá dúas sesións, unha ás 17.30 horas e outra ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Mentres que o domingo 27 desenvolveranse outras dúas sesións no mesmo horario que o sábado pero desta vez na Casa da Cultura do Milladoiro.

Nesta décimo cuarta edición participarán na Gala Máxica as magas Magica Gilly e Gaia Elisa Rossi e os magos Dani Polo e Xulio Merino. Ademais estará presentada por Pepín Banzo.

En canto aos números que se poderán ver o da maga Gaia Elisa Rossi é un dos máis sorprendentes da gala, realizando unha crítica ós estereotipos da sociedade a través da maxia. Outro a ter en conta é Xulio Merino, que realizará grandes trucos de maxia con esponxas, ou Magica Gilly, cun espectáculo máxico “sen barreiras”. Con respecto a Dani Polo,  actuará cun número novo, con maxia de gran formato grazas a xogos de pirotecnia e iluminación.

Cómpre destacar o éxito que ten todos os anos esta Gala, para a que xa se encontran esgotadas a maioría das entradas de venta anticipada. Tan só quedan algunhas na sesión do domingo 28 ás 20.00 horas. Aínda así, existe un 10% de entradas reservadas para comprar na billeteira de maneira presencial, para todos aqueles que non queren quedar sen asistir ao internacional espectáculo de maxia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial