Ames e a Asociación Española contra o Cancro organizan un taller para deixar de fumar

0

Ames, 8 de xaneiro de 2017. – A Asociación Española contra o Cancro organiza en colaboración co concello de Ames un taller para deixar de fumar. O taller terá lugar entre o 31 de xaneiro e o 14 de marzo, no Pazo da Peregrina, e impartido por unha das psicólogas da Asociación Española Contra o Cancro na provincia da Coruña.

O taller desenvolverase ao longo de sete xornadas, os mércores, en horario de 16:00h a 17:00 horas. As persoas que queiran asistir deberán ser maiores de idade e estar empadroadas no Concello de Ames. O prazo de inscrición do obradoiro permanecerá aberto entre ata o 19 de xaneiro. Para inscribirse, será obrigatorio presentar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada nos rexistros do Concello ou enviala ao enderezo de correo electrónico sanidade@concellodeames.gal.

O taller porá a disposición das persoas asistentes unha serie de estratexias dirixidas a deixar o tabaco, facendo fincapé no feito de que fumar é unha conduta aprendida e que, polo tanto, pode ser controlada e modificada.

O número de prazas dispoñibles  é de 15. No caso de que as inscricións superen o número de prazas dispoñibles, efectuarase unha selección a partir dunha entrevista que será realizada pola psicóloga que impartirá o taller. Se, pola contra, as inscricións de persoas empadroadas en Ames non chegase ao número máximo de prazas a cubrir, estas serán entregadas ás persoas inscritas non empadroadas. Para o desenvolvemento do taller será preciso contar cunha participación dun mínimo de oito persoas.

Tramitación das inscricións

A inscrición será gratuíta, porén deberase facer un depósito de 60 euros á AECC, que serán devoltos ás persoas inscritas unha vez que estas rematen o taller asistindo á totalidade das sesións. O programa para deixar de fumar da AECC ten unha taxa de éxito do 60%. Calquera dúbida sobre o desenvolvemento do  mesmo poderá ser resolta a través do enderezo de correo electrónico do departamento de Sanidade municipal ou no Pazo da Peregrina, na oficina do programa Ames Saudable.

Ames Saudable

A realización deste taller encádrase dentro do proxecto Ames Saudable, o cal engloba tres áreas de actuación: promoción da actividade física, dunha alimentación saudable e dunha vida sen tabaco, alcohol e outras drogas. Unhas das medidas incluídas neste programa foi a de abrir de novo ao público o servizo personalizado da nutricionista municipal, que atende os xoves na Casa de Cultura de Milladoiro e os venres no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies