займ срочно

Ames pide seguridade vial para o CEIP A Maía

0

Ames, 10 de xaneiro do 2020 – O Concello de Ames ven de remitir un escrito á Xefatura Territorial de Infraestruturas no que solicita desenvolver unha serie de actuacións na contorna do CEIP A Maía para mellorar a seguridade peonil.

A petición do concello parte dunha petición da dirección e claustro de profesores do CEIP A Maia na que mostran a súa preocupación pola seguridade do alumnado. Dende a administración local demandan á Xefatura Territorial de Infraestruturas, titular da vía, que adopte as medidas necesarias.

O Concello de Ames levou a cabo un investimento importante ao longo de 2019 no referente á ampliación de beirarrúas e sinalización horizontal e vertical en esa contorna. A zona contempla un movemento de preto de 1.200 alumnos e alumnas. A percepción de perigo por parte das familias está a favorecer o aumento dos desprazamentos en vehículos particulares o que provoca atascos as portas do centro.

Ceip A Maia

????????????????????????????????????

Para a administración local é necesario priorizar os camiños escolares, para o que se deben adoptar as medidas necesarias para o calmado do tráfico e, así, reducir a siniestralidade e fomentar a autonomía do alumnado.

Actuacións a desenvolver

O Concello considera imprescindible a redución da velocidade a 30 km/h na contorna do CEIP A Maía; a instalación de sinais luminosas, tanto vertical como horizontal, para informar aos condutores de que están próximos a unha zona frecuentada por menores; a colocación de pasos de peóns elevados instalados previamente á entrada do centro para acadar a desaceleración dos vehículos; rodear o perímetro da dársena de autobuses escolares cun valado con elementos de seguridade para protexer aos menores de saídas sen control; e a implantación dun novo semáforo, na paso de peóns situado na entrada do centro, que permita, mediante o sistema de pulsación, regular a entrada e saída nos horarios de maior intensidade.

Para o alcalde, José Miñones, a posta en marcha destas medidas “permitiría garantir unha maior seguridade na contorna do CEIP A Maía e do IES de Ames nunha vía pola que, ademais, cada vez circulan máis vehículos ao ser punto de enlace coa autovía. Estamos en consonancia coa preocupación que nos trasladan dende o CEIP A Maía e confiamos en que as demandas sexan tidas en conta e podamos seguir incrementando a seguridade nesta zona. Desde o Concello xa se fixeron actuacións importantes para favorecer esta situación, se ben consideramos que hai que seguir actuando para reducir a siniestralidade e favorecer a autonomía do alumnado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies