Queixas polo mal estado da carballeira de Biduido en Ames

0

Ames, 12 de setembro do 2019 – O Partido Popular de Ames ven de denunciar a situación na que se atopa a carballeira de Biduido de abaixo, unha zona verde ao carón dunha urbanización.

Os veciños de Biduido puideron comprobar que un dos carballos xa rompeu e outros dous estanse a podrecer polo tronco. Ese mal estado provoca, explican, unha situación de perigo xa que a estrutura das árbores faise máis débil e compromete a estabilidade. Os veciños presentaron xa un escrito no concello denunciando a situación e solicitando medidas que minimicen os riscos.

O Partido Popular engade a esta denuncia  o feito de que desde o concello se incoen expedientes de orde de execución por motivos de seguridade, salubridade e ornato público cando en este caso é o propio goberno local o que incumpre.

O PP explica que é preciso previr a pudrición e evitar que se propague ao resto de carballos. Explican que existen medidas efectivas para minimizar o dano como é a poda selectiva de partes mortas ou enfermas, garantindo que as árbores prosperen. Pero tamén é preciso eliminar as situacións potencialmente perigosas, por iso reclaman que  se verifique a carballeira en buscadoutros signos de desarraigo como son os fallos nas raíces ou terra agretada ou levantada, e que se avalíe a situación, xa que durante un simple refacho de vento podería facer que caia unha rama ou mesmo unha árbore e atente así contra a seguridade da veciñanza e as súas propiedades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial